O II programa Muller e Ciencia da Xunta propiciou a incorporación de 524 mulleres á investigación e o ascenso doutras 20 a postos directivos

Membro durante

6 years 4 months
Enviado por ue03051 o
  • O Goberno galego desenvolveu máis dun cento de actuacións de xeito transversal no período 2016-2020 que chegaron a máis de 10.000 persoas
  • En cinco anos destináronse máis de 240 millóns de euros de orzamento a financiar iniciativas en prol da igualdade nos ámbitos científico e tecnolóxico
  • Galicia traballa xa no deseño do III Programa Muller e Ciencia 2021-2025 que xa reuniu catro mesas de traballo e que contará coas aportacións de mulleres referentes

A Xunta distingue á catedrática de Medicina Legal e Forense, Victoria Lareu Huidobro, co Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

Membro durante

6 years 4 months
Enviado por ue03051 o
  • A Unidade Muller e Ciencia da Xunta comunicou no seu pleno a decisión de outorgar o galardón a esta compostelá, directora do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago
  • Lareu destaca pola súa contribución ao campo da xenética, no que deseñou ferramentas de pericia forense, que hoxe se usan en todo o mundo

Unha galega retornada forma a mulleres co apoio da Xunta para que potencien as súas carreiras no sector tecnolóxico

Membro durante

6 years 4 months
Enviado por ue03051 o
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abellas, afirma en Santiago que a incorporación á sociedade galega dos retornados está a xerar un gran pulo na innovación dixital

Referentes, en feminino

Membro durante

6 years 4 months
Enviado por ue03051 o

Hipatia. Ada Lovelace. Marie Curie. Ángela Robles. Jane Goodall. Barbara McClintock. Margarita Salas. Emmy Noether. María Josefa Wonenburger. Ao longo da historia da ciencia e a tecnoloxía, houbo -e hai- moitas mulleres que, co seu traballo, determinaron o avance nas súas disciplinas e, polo tanto, serviron aos intereses colectivos da sociedade. Sen embargo, e agás algunhas excepcións, a historia colocounas sempre en segundo plano, no mellor dos casos, ou esqueceunas cunha nota ao pé dunha páxina.

Ana Jesús López Díaz: “Hai unha preocupante e persistente perda de talento feminino a medida que se avanza na carreira científica”

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Ana López Díaz é profesora titular de Enxeñería Mecánica da Universidade da Coruña e presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnológas en Galicia. Nesta entrevista falamos con ela sobre os retos da igualdade e a preocupante baixada no número de matrículas de mulleres nas carreiras de base científica ou técnica.

- Un dos principais problemas para avanzar na igualdade é a falta de referentes femininas no ámbito da ciencia e a tecnoloxía. Que medidas habería que tomar para cambiar esa situación?

Mulleres con Ciencia Amparo Alonso

Membro durante

7 years
Enviado por o

Nada en Vigo, Amparo Alonso Betanzos é enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial, catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en intelixencia artificial) no departamento de Ciencias de Computación da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. En 2020, Amparo Alonso foi galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells. 

Para coñecer máis a esta galega referente:

Covid-19, unha nova barreira para a igualdade na ciencia

Membro durante

7 years
Enviado por o

Como crise global, a pandemia aféctalle a toda a sociedade. E a ciencia, como parte integrante dela, non é unha excepción. Sen embargo, coma case sempre, o xénero marca unha diferenza substancial na maneira en que altera as nosas vidas. Esta cuestión xa se puxo de relevo na celebración, o pasado mes de febreiro, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Naquel momento, Nacións Unidas alertaba tanto do papel decisivo da muller na loita contra a pandemia como da súa maior exposición ás consecuencias da Covid-19.

A fenda no uso de internet e dispositivos electrónicos entre mulleres e homes case desapareceu en Galicia

Membro durante

7 years
Enviado por o

As tecnoloxías son ferramentas democratizadoras e tractoras na xeración de emprego e oportunidades. Como en case todos os ámbitos, persisten diferenzas entre mulleres e homes que impiden a plena igualdade. Sen embargo, é indubidable que se producen avances e que, de cando en vez, as estatísticas son positivas e achegan novas esperanzadoras. E iso é así porque a sociedade avanza.

O Día das Rapazas nas TIC celébrase en Galicia cunha xornada en liña coa presenza de catro referentes galegas no ámbito da tecnoloxía

Membro durante

7 years
Enviado por o

Expandir horizontes, modificar actitudes. Ese é o espírito do Día Internacional das Rapazas nas TIC, que se celebra o 22 de abril. A xornada, coordenada pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), da que España forma parte, busca promover unha contorna global que apoie ás rapazas para que realicen carreiras no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Debido á pandemia da Covid-19, o acto en Galicia desenvolveranse exclusivamente mediante multiconferencia web.

Igualdade STEM, un reto global

Membro durante

7 years
Enviado por o

Detrás dunhas siglas poden agocharse moitas realidades. E tamén desigualdades. Ultimamente escoitamos falar moito da importancia da educación STEM. O acrónimo, acuñado pola National Science Foundation (NSF) de Estados Unidos nos anos noventa do pasado século, refírese á necesidade de investir nun novo modelo de formación baseado na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (Science, Technology, Engineering and Mathematics).