Yolanda Prezado Alonso

Galego

Yolanda Prezado Alonso (Verín, Ourense, 1977) é doutora en Física e investigadora distinguida Oportunius no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en física médica, os seus avances para lograr técnicas de radioterapia menos invasivas e máis eficaces convertérona nunha referencia internacional no seu campo.

Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse nesta mesma universidade en 2003. Desenvolveu a maior parte da súa carreira en Francia: en 2011 obtivo unha praza permanente de investigadora no Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS) e, desde 2013, dirixe o equipo «Novos Enfoques en Radioterapia». En 2019 incorporouse ao Institut Curie de París como líder de grupo en radiobioloxía traslacional, onde consolidou unha liña de investigación propia na fronteira entre a física e a bioloxía.

O seu traballo céntrase na radioterapia con minifeixes de protóns, unha técnica que permite tratamentos máis precisos e cunha menor toxicidade para os tecidos sans, con grande potencial na loita contra o cancro. Esta liña deu un paso decisivo en 2019, cando obtivo unha ERC Consolidator Grant (unha das axudas máis prestixiosas do Consello Europeo de Investigación), e viuse recoñecida en 2021 co Premio M. e Mme. Peyré da Academia Francesa de Ciencias.

Referente feminino nun ámbito fortemente masculinizado, presidiu o Comité Científico da Federación Europea de Física Médica (EFOMP), que representa máis de 8.000 profesionais en Europa, así como o Congreso Europeo de Física Médica de 2024. Ao longo da súa carreira dirixiu oito teses de doutoramento e supervisou unha ducia de investigadores e investigadoras posdoutorais, e asinou máis de douscentos artigos científicos, a maioría como autora principal.

En 2024, tras máis dunha década en Francia, retornou a Galicia da man do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN), instrumento da Xunta para a captación de talento investigador de excelencia. Desde o CiMUS impulsa a investigación en protonterapia, situando a Galicia nunha posición de vangarda nun ámbito chamado a transformar o tratamento do cancro.
 

Yolanda Prezado Alonso galardonada co premio María Josefa Wonenburger 2026
Edición
2026

África González Fernández

Galego

África González Fernández (Madrid, 1962) é médica inmunóloga e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. A súa traxectoria desenvólvese na fronteira entre a inmunoloxía e a nanomedicina, dous eidos nos que está considerada unha das científicas máis prestixiosas de Europa.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá, coa que obtivo o Premio Extraordinario de fin de carreira, especializouse en Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid ao tempo que elaboraba a súa tese doutoral. Realizou despois unha estadía posdoutoral de catro anos no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge, baixo a supervisión do premio Nobel César Milstein, onde participou na investigación da técnica de obtención de anticorpos monoclonais e levou a cabo estudos do proceso de hipermutación somática, poñendo en marcha técnicas innovadoras e o emprego de animais transxénicos.

En 1996 incorporouse á Universidade de Vigo, onde creou a primeira área de Inmunoloxía das universidades galegas, e desde 2009 é catedrática desta disciplina. Foi directora do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo, onde lidera un grupo de investigación centrado na resposta inmunitaria, na inmunoloxía básica e aplicada e no desenvolvemento de vacinas que axuden a erradicar enfermidades infecciosas como a tuberculose. É, ademais, coordinadora da área de enfermidades infecciosas, inflamatorias e inmunomediadas do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e integrante das plataformas europeas de nanomedicina.

No campo da nanomedicina desenvolveu un biosensor para identificar células tumorais, estuda a interacción entre os nanomateriais e o sistema inmunitario e emprega nanovacinas para a terapia do cancro. Nesta liña cofundou en 2009 a empresa Nanoinmunotech, dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías a partir de nanomateriais.

Foi presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía (2016-2020) e finalista dos premios europeos Mulleres Innovadoras da Comisión Europea. Ao longo da súa traxectoria recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Igualdade Ernestina Otero e a distinción de Viguesa Distinguida. Autora de centos de artigos científicos, libros e capítulos, compaxina a investigación cunha intensa labor de divulgación, da que é boa mostra o seu libro Inmuno Power, coa que achega o coñecemento do sistema inmunitario á sociedade.
 

África González Fernández premiada co galardón María Josefa Wonenburger 2025
Edición
2025

A Xunta distingue a Yolanda Prezado co galardón María Josefa Wonenburger como recoñecemento ao seu labor como física especialista en radioterapia

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia, por consenso e unanimidade, elixiu como galardoada deste 2026 a esta investigadora especializada no ámbito da protonterapia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

A Xunta distingue a África González Fernández co galardón María Josefa Wonenburger como recoñecemento ao seu

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia decidiu por unanimidade premiar a esta investigadora que está considerada unha das científicas máis prestixiosas de Europa neste eido

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025

O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar, por unanimidade, o Premio María Josefa Wonenburger Planells á catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González. Este galardón pretende recoñecer o seu labor de investigación nas ciencias biomédicas e na nanomedicina.

Mulleres pioneiras: liderando o futuro das startups científicas e tecnolóxicas

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • As mulleres representan só o 18% dos perfís emprendedores en startups a nivel estatal, pero en Galicia están a liderar proxectos innovadores en ciencia e tecnoloxía.
  • En 2024, o 23,4% dos proxectos financiados polo CDTI Innovación foron liderados por mulleres, un avance significativo fronte ao 18,2% en 2019.
  • Iniciativas como o Programa Emega da Xunta de Galicia e súa modalidade específica para o apoio a emprendementos de base innovadora e tecnolóxica son un impulso clave

A revolución dixital tamén é feminina: arranca a IV edición de Somos Cibernéticas

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o

O evento celebrarase o 6 de maio no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura e contará cunha intensa xornada formativa e práctica para 60 mozas de 4º da ESO. 

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de anunciar a cuarta edición de Somos Cibernéticas, unha iniciativa que busca impulsar o talento feminino no sector da ciberseguridade, un dos ámbitos con maior proxección laboral e onde a presenza de mulleres segue a ser escasa. 

A Xunta lanza o programa 'Galicia Investiga Igualdade' para impulsar a investigación predoutoral en materia de xénero

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o

Hoxe, 6 de maio de 2025, a Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude das axudas do novo programa 'Galicia Investiga Igualdade', unha iniciativa pioneira destinada a apoiar a formación de dez estudantes predoutorais nas universidades galegas que desenvolvan investigacións centradas na igualdade de xénero. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia, conta cun orzamento total de 1,1 millóns de euros e estará aberta durante un mes a partir de hoxe. 

Premios científicos e desigualdade de xénero: por que as mulleres seguen a recibir menos galardóns?

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • A pesar de que as mulleres representan arredor do 50% das persoas investigadoras en España, só recibiron o 17,6% dos premios estritamente científicos entre 2009 e 2014​.
  • Nos Premios Nacionais de Investigación, só 8 das 103 persoas galardoadas foron mulleres, representando un escaso 7,8%​.
  • Os mecanismos de nomeamento indirecta e a composición dos xurados, maioritariamente masculinos, perpetúan a infrarrepresentación das científicas nos galardóns máis prestixiosos​. 

Conciliar ou investigar: o reto das mulleres na ciencia

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • O 72,5% do alumnado en Ciencias da Saúde son mulleres, pero só representan o 31,1% nos estudos de doutoramento en Enxeñaría e Arquitectura.
  • A sobrecarga de coidados é unha das principais barreiras para a carreira científica das mulleres.
  • Só un sistema científico que recoñeza a realidade das mulleres poderá aproveitar todo o seu talento. 

Conciliación, coidados e ciencia: unha ecuación pendente