María Concepción Paz Penín

Galego

María Concepción Paz Penín (Ferrol, 1969) é enxeñeira industrial e doutora de enxeñería industrial pola Universidade de Vigo (2003). Na actualidade, é catedrática da Área de Mecánica de Fluídos da Universidade de Vigo e desenvolve a súa actividade investigadora dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE).

É coautora de máis de 50 publicacións científicas indexadas e de máis de 50 relatorios en congresos internacionais.

Como titora de traballos avanzados, ten dirixido sete traballos doutorais e máis de 100 proxectos fin de carreira e traballos fin de grao/máster. É coordinadora do Grupo de Innovación Docente “CFD aplicado á docencia” desde 2017.

Ten participado en proxectos de convocatorias competitivas internacionais, nacionais e autonómicas, dos que en máis de dez foi investigadora principal. Ten liderado máis de corenta contratos de investigación con empresas e/ou entidades públicas.

Foi subdirectora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo (ETSEI) desde o 2007 ao 2010 e da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) do 2010 ao 2011. No 2017 obtivo o Premio de Transferencia de Tecnoloxía da Real Academia Galega de Ciencias. Foi coordinadora do Programa de Doutorado Interuniversitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade no 2018.

Foi membro da Comisión de Enxeñería Mecánica e da Navegación da Agencia Nacional de Evaluación y Acreditación (ANECA) do 2018 ao 2021 e da Área de Producción Industrial da Administraciòn Nacional de Educación Pública en 2019. Ten actuado como avaliadora experta de ANEP e doutras axencias autonómicas en máis de 50 proxectos. Delegada da Universidade de Vigo no Centro Universitario da Defensa de Marín (CUD-Marín) desde o    2018 ao 2020. Desde outubro de 2020 dirixe o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo (CINTECX).

 

MARÍA CONCEPCIÓN PAZ PENÍN
Edición
2023

A Xunta destaca a importancia de apoiar e visibilizar ao colectivo LGBTI no rural galego con celebracións como o ‘Porco Pride Espasante’ de Ortigueira

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destacou hoxe na inauguración da celebración Porco Pride Espasante en Ortigueira a importancia de apoiar e visibilizar ao colectivo lgbti no rural galego con xornadas coma esta. Durante a súa intervención, puxo en valor a necesidade de converter en motivo de orgullo a diversidade sexual da nosa sociedade e apostou por incidir na concienciación para acadar unha Galicia cen por cen tolerante e igualitaria.

A Xunta destaca como prioridade o benestar emocional e a educación en igualdade para impulsar o futuro das nenas e mozas

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

A directora xeral de Igualdade, María Quintiana, destacou esta mañá o benestar emocional e a educación en igualdade como eixos claves para impulsar o futuro das nenas e mozas. Fíxoo durante a súa intervención na presentación do III Congreso ‘A saúde das nenas e mozas’ organizado pola asociación La Ciencia es Femenino en colaboración con UNICEF Galicia.

Rueda asiste á toma de posesión do novos directores xerais da Loita contra a Violencia de Xénero e de Promoción da Igualdade

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá á toma de posesión de Roberto Barba como director xeral da Loita contra a Violencia de Xénero e de María Quintiana como directora xeral de Promoción da Igualdade. Trátase de dous organismos de recente creación ao subdividir á antiga Secretaría Xeral de Igualdade. 

Rivo asiste á VII Xornada Exxperimenta en feminino para a divulgación da ciencia e a tecnoloxía con perspectiva de xénero no campus de Ourense

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto co gallo do Día internacional das mulleres e nenas na ciencia impulsado por profesoras, investigadoras e alumnas de varios dos centros do campus ourensán
  • En concreto, con distintas actividades darán a coñecer a escolares todas as posibilidades que ofrecen a Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e a Escola Universitaria de Enfermaría

O centro Gaiástech celebra o Día da muller e da nena na ciencia cun ciclo de faladoiros con mulleres tecnólogas

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • O primeiro encontro será o 15 de febreiro con Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
  • A segunda charla será o 20 de febreiro con Rosa Vázquez da Startup Codee e o día 28 pechará o ciclo Almudena Justo, directora do Centro International Quamtum de Fujitsu
  • Esta actividade súmase ás previstas no marco do Plan Digitalent da Xunta para fomentar as vocacións tecnolóxicas femininas

A Xunta apoia a VII Xornada Exxperimenta en feminino para a divulgación da ciencia e a tecnoloxía co gallo do Día internacional da muller e da nena na ciencia

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación da iniciativa que se desenvolverá o próximo 16 de febreiro no Campus de Ourense a cargo de profesoras, investigadoras e alumnas de varios dos seus centros
  • Puxo de relevo que sexan elas as que darán a coñecer aos escolares todas as posibilidades que ofrecen a Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e a Escola Universitaria de Enfermaría

A Xunta fomenta as vocacións científicas entre o estudantado con motivo do Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla a alumnado de 4º da ESO do Colexio Maristas de Lugo para animalo a facer unha elección non sesgada dos seus estudos e liberarse dos estereotipos de xénero
  • Argerey informou das oportunidades para traballar no ecosistema galego de innovación, en especial, no Polo Aeroespacial de Galicia