Esta actividade está enmarcada dentro dos centros de ensino que participan no programa DONAS DE SI, do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O programa "Donas de si" da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Este é o punto de partida para traballar na aula a igualdade e os estereotipos de xénero. Dende a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade consideramos necesaria unha aproximación de conxunto -que teña en conta a variable de xénero- a figuras relevantes da nosa historia (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.
Entre as publicacións que a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade remite aos centros educativos participantes no programa Donas de Si figuran libros da colección Mulleres Galegas, concretamente as biografías destas 9 mulleres: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero, Ángeles Ruiz Robles, Filomena Dato, Xela Arias, María Casares e Luísa Villalta. Son libros de pequeno formato coa biografía da autora e con actividades ao final, axeitados para o alumnado de infantil e primaria.
Sobre algún deses títulos de Mulleres galegas, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade oferta aos centros educativos de infantil e primaria participantes unha actuación dun contacontos ilustrado, baseado na biografía dalgunha das mulleres da colección. Persoal da empresa que editou os contos desprazarase ata o centro para desenvolver a actividade, na que participan ata 50 nenos e nenas.
Durante o curso 2023-2024 foron 45 os centros de ensino de infantil e primaria que participaron nesta actividade de contacontos pola igualdade, na que a protagonista foi unha destas nove mulleres, elixida polo centro:
- Ángeles Alvariño, un Ronsel de Ardora
- Maruja Mallo, meiga nova, metade anxo metade marisco
- María Victoria Moreno, unha historia de amor
- Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade
- Ángeles Ruiz Robles, o valor das ideas: a precursora do libro electrónico.
- Filomena Dato, unha casiña branca na mariña
- María Casares, os cen destino de Vitola
- Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola língua
- Luísa Villalta, Tinta do mar

|
Centro |
Concello |
Provincia |
| CEIP As Bizocas | O Grove | Pontevedra |
| CEIP Bibei | Viana do Bolo | Ourense |
| CEIP Campomaior | Ordes | A Coruña |
| CEIP Daría González García | Pontevedra | Pontevedra |
| CEIP de Casás | Lugo | Lugo |
| CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB | Ourense | Ourense |
| CEIP de Riotorto | Riotorto | Lugo |
| CEIP Emilia Pardo Bazán | Vigo | Pontevedra |
| CEIP Fermín Bouza Brey | Ponteareas | Pontevedra |
| CEIP Filomena Dato | Barbadás | Ourense |
| CEIP Flavia | Padrón | A Coruña |
| CEIP Manuel Luís Acuña | Ourense | Ourense |
| CEIP Manuel Rivero | Lalín | Pontevedra |
| CEIP María Pita | A Coruña | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda | Redondela | Pontevedra |
| CEIP Plurilingüe de Campanario | Porto do Son | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe de Rubiáns | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra |
| CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio | Vilar de Barrio | Ourense |
| CEIP Plurilingüe de Vite | Santiago de Compostela | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe de Xermade | Xermade | Lugo |
| CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés | Oroso | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe do Xurés | Lobios | Ourense |
| CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira | San Amaro | Ourense |
| CEIP Plurilingüe Irmáns Villar | Ourense | Ourense |
| CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal | Oleiros | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera | Ponteareas | Pontevedra |
| CEIP Plurilingüe Ribadavia | Ribadavia | Ourense |
| CEIP Plurilingüe San Marcos | Abegondo | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe San Miguel | Paradela | Lugo |
| CEIP Plurilingüe San Vicenzo | Vimianzo | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira | Ferrol | A Coruña |
| CEIP Plurilingüe Santa María | A Fonsagrada | Lugo |
| CEIP Plurilingüe Souto-Donas | Gondomar | Pontevedra |
| CEIP Ponte dos Brozos | Arteixo | A Coruña |
| CEIP Santa María A Real | Entrimo | Ourense |
| CEP Altamira | Salceda de Caselas | Pontevedra |
| CEP Xosé María Brea Segade | Rianxo | A Coruña |
| CPI de Cervantes | Cervantes | Lugo |
| CPI de Zas | Zas | A Coruña |
| CPI Plurilingüe Virxe da Cela | Monfero | A Coruña |
| CRA de Caldas de Reis | Caldas de Reis | Pontevedra |
| CRA de Ribadumia | Ribadumia | Pontevedra |
| CRA de Valga | Valga | Pontevedra |
| CRA Ponte da Pedra | Carballo | A Coruña |
| EEI de San Pedro de Cesantes | Redondela | Pontevedra |
