En cifras

Universidades Galegas (2018-2019)
Educación
Universidades Galegas (2023)
56%
mulleres matriculadas
44%
homes matriculados
Enxeñería e Arquitectura
Educación
Enxeñería e Arquitectura
27%
alumnas matriculadas
73%
alumnos matriculados
Cátedra nas Universidades Galegas
Investigación, tecnoloxía e innovación
Cátedra nas Universidades Galegas
27%
catedráticas
73%
catedráticos

 

En cifras

 

As mulleres nas últimas décadas lograron avances importantes nas diferentes áreas do coñecemento e están contribuíndo de xeito significativo ao desenvolvemento científico, social ou económico dos países. Pero aínda existen brechas de xénero en ámbitos tales como a innovación, a posicións de liderado, os desafíos da brecha salarial ou outras diversas discriminacións por razón de sexo. Faise necesario seguir traballando en políticas de igualdade que eliminen as barreiras, fomenten vocacións femininas naquelas áreas en que estean infrarrepresentadas, apoien ás investigadoras e promovan a visibilidade e o recoñecemento do seu traballo.

A través da Unidade Muller e Ciencia promóvese a eliminación dos desequilibrios que poidan existir durante a formación científica das mulleres, no campo da investigación e da innovación e na xestión da I+D+i, así como por nun primeiro plano a perspectiva de xénero nos estudos e nas actividades científicas.

Para o cumprimento destes fins, un primeiro paso necesario é por a disposición da sociedade en xeral, e da comunidade educativa en particular información estatística relevante.

A continuación ofrécese información estatística en relación á situación das mulleres en tres ámbitos: educativo, investigación ( ámbito tecnolóxico e innovación) e mercado laboral.

Educación

  • As mulleres obteñen mellores resultados educativos e participan en maior medida en actividades de aprendizaxe permanente.
  • A elección de campo formativo nos estudos superiores teñen un nesgo de xénero marcado.
  • As mulleres rexistran menores taxas de abandono escolar.

 

Alumnado que se gradúa por nivel de ensinanza e sexo

As taxas de graduación obtidas polas mulleres son máis altas ca dos homes, en todos os niveis de ensinanza agás na rama técnica/técnica superior. Así a diferenza chega a ser de 18% no nivel de bacharelato do 10,7% no nivel de secundaria e apenas do 0,2% os técnicos superiores.

IGE. Alumnado que se gradúa por nivel

 

Taxas brutas

Abandono escolar temperá

No ano 2023 o abandono educativo temperán situouse en Galicia no 9,1% e no caso das mulleres este indicador obtivo o valor do 6,1% fronte ao 11,7% dos homes.

IGE. Abandono escolar

Abandono educativo temperán. Ano 2023

Abandonoescolattemperá

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa; Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey

 

Alumnado matriculado na Universidade

Existe unha diferenza de máis de doce puntos entre a porcentaxe de mulleres matriculadas (56,1%) e homes (43,9%.

IGE. Alumnado matriculado Universidades por área

Estudantes matriculados nas universidades galegas segundo a área científica

Táboa 1

Fonte: IGE. Información subministrada directamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

 

 

O acceso das mulleres á educación superior é cada vez maior, pero a súa presenza segue concentrándose en certas áreas específicas, como as Ciencias da Saúde, mentres que a súa participación nas disciplinas técnicas, como as enxeñarías e a arquitectura, é moi baixa. Esta tendencia na elección de carreiras ten un impacto importante nas oportunidades laborais das mulleres, xa que limita as súas opcións de emprego nalgúns sectores do mercado de traballo, especialmente nos máis demandados no mundo produtivo actual.

Estudantado matriculado nas universidades galegas segundo a área científica e sexo.

Gráfico

Fonte: IGE. Información subministrada directamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Investigación, ámbito tecnolóxico e innovación

PDI.

En Galicia segue a haber unha menor presenza de mulleres dedicadas a Persoal Docente Investigador nas Universidades galegas. Obsérvase unha fenda de 13,2 puntos porcentuais, quedando rexitradas en 2023 a cantidade de 2.363 mulleres docentes e investigadoras.

Persoal docente e investigador en centros propios das universidades públicas. Curso 2023-2024
Gráfico
Fonte: Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU). Secretaría General de Universidades.
 

 

PDI por categoría

Cando se analiza a presenza das mulleres entre o persoal docente e investigador (PDI) nas distintas categorías profesionais, obsérvase unha clara desigualdade. A representación feminina é menor en todos os niveis agás no posto de profesor axudante. No caso das catedráticas de universidade, as mulleres constitúen apenas o 28,4% do total, e no posto de profesor emérito tan só o 9,8%. Este dato reflicte a desigualdade existente no acceso ás posicións académicas de maior prestixio.

Persoal docente e investigador ao servizo das universidades galegas
por sexo e categoría de persoal. Curso 2023-2024
Gráfico
Fonte: Sistema Integrado de Información Universitaria (SIIU). Secretaría General de Universidades.
 

Teses doutorais

En 2023 presentáronse en Galicia 619 teses doctorais, e o 50,5% foron lidas por mulleres. Das 313 teses lidas por mulleres, 224 delas fíxeronas mulleres menores de 39 anos, alcanzando a maior participación no rango de idade de 30 a 34 anos.

Táboa 4.- Teses doctorais lidas nas universidades galegas por sexo e grupos de idade. Ano 2023
Gráfico
Fonte: Base de datos de Tesis Doctorales (TESEO). Secretaría General de Universidades

 

Mercado laboral

  • O acceso das mulleres ao mercado laboral é máis limitado en comparación cos homes, tendo ademais unhas condicións laborais máis precarias.
  • A desigualdade salarial entre homes e mulleres segue sendo unha realidade e a súa presenza en postos de dirección é escasa.
  • As mulleres tamén tenden a concentrarse en certos sectores e ocupacións específicas, unha situación coñecida como segregación horizontal. 
     

 

Poboación ocupada segundo tipo de xornada e sexo

No 2023, as diferencias de tipo de xornada atendendo ao sexo son destacables. Mentres que o 92,7% dos homes traballadores teñen xornadas completas, tan só o 78,6% das mulleres teñen esta condición. A diferencia é notoria, as mulleres superan en máis de 14% aos homes en postos con xornadas parciais.

IGE. Poboación ocupada segundo tipo de xornada e sexo

 

 

 

taxas aop

 

Diferenza ingresos/fenda salarial

Segundo a Agencia Estatal de la Administración Tributaria o salario medio anual das mulleres foi de 19.666 euros no ano 2022, que supón o 81.3% do salario medio anual masculino (24.185). En España, a diferencia de salarios entre homes e mulleres é algo maior que en Galicia, sendo menor tamén no caso das mulleres. Pode observarse que as diferencias entre os salarios das persoas galegas e o resto de españa foron reducíndose considerablemente co paso dos anos.

 

 

 

Salario medio anual segundo o sexo. España e Galicia. 1999-2022

Salario Medio
 

Fonte:  AEAT. Trabajo y pensiones en las fuentes tributarias

 

 

Fenda salarial

A fenda salarial é un indicador que mostra a diferenza entre os ingresos por hora dos homes e os ingresos por hora das mulleres, expresada como porcentaxe do salario masculino. No ano 2022, en Galicia, esta fenda foi do 10,4%, o que supón un aumento significativo en comparación cos últimos catro anos. Este valor supón que os homes cobran por hora unha media de 10,9€ quedando bastante por diante con respecto ás mulleres, que gañan tan só 9,1€.

 

 

 

Fenda salarial. Anos 2009-2022

Fenda Salarial

Fonte:  IGE. A partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE;  Eurostat/ SES: EU Structure of earnings survey