Con esta exposición preténdese visualizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. Pretende dar a coñecer ó alumnado e a sociedade en xeral, a mulleres galegas científicas e galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. Dende a creación do Premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía e coa visibilización, a través desta exposición da súa actividade e do seu triunfo, podemos lograr afianzar a idea de que muller e ciencia non só son compatibles senón que son unha combinación gañadora.
Aínda queda un camiño que percorrer ata a completar a paridade, non só no ámbito da investigación, senón en todos os ámbitos dunha sociedade globalizada e tecnolóxica como é a nosa, pero a Secretaría Xeral da Igualdade quere ser actor significativo nese camiño e presenta esta exposición das mulleres galardoadas ao longo dos anos polas súas brillantes achegas á nosa sociedade.
Na actualidade a Secretaría Xeral da Igualdade conta con catro exposicións das premiadas María Josefa Woneneburger Planells para conseguir difundir os logros, as achegas e traballos das mulleres galegas premiadas merecentes deste galardón. Con esta iniciativa queremos achegar ó alumados dos centros educativos e a sociedade en xeral, esta exposición de mulleres científicas galegas merecentes deste premio.
Unha das exposición itinerante dos Premios María Josefa Wonenburger Panells, dentro do programa do Plan Proxecta “ Donas de Sí ” durante o curso escolar 2018-2019, estivo nos seguintes Centros Educativos: IES Río Cabe (Monforte de Lemos), CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción (Sarria); CEIP Plurilingüe de Lousada (Guntín); IES Marco do Camballón (Vila de Cruces); IES Chan do Monte (Marín); IES Politécnico de Vigo (Vigo); CEIP de Maceda(Maceda ); CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro (Barbadás); CEIP Labarta Pose (Zas); CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña Xallas (Santa Comba)
Durante o ano 2019, outra das exposicións itinerante dos Premios María Josefa Wonenburger Panells estivo exposta en centros educativos que non participaron no Proxecta Donas de Si, da Secretaría Xeral da Igualdade , Centros de Información a Muller (CIM), e outras Entidades. Os centro de esino foron:
CEIP Randufe (Tui); IES Leiras Pulpeiro (Lugo); IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela); CPI Fonte Díaz (Touro); CEIPP Plurilingüe das Artes (Riveira) ; IES A Xunqueira II (Pontevedra) ; IES Plurilingue Fontexería (Muros); CPI Cabo da Area (Laxe) ; CEIP Santa María do Castro(Boiro) ; CIM Palas de Rei (Palas de Rei); CEIP Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa); CEIP Rubiáns (Vilagarcía de Arousa).
Tamén estivo instalada no CIM de Ortigueira, no Concello de Ourense e no Ateneo Ferrolán (Ferrol).
Durante a celebración do Acto de entrega dos Premios Maria Josefa Wonenburger 2018 a Exposición estivo instalada no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
No mes de febreiro de 2019 celebrouse o Salón da oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) en Pontevedra, onde estivo instalada a Exposición dos premios María Josefa Wonenburguer, moi visitada polos asistentes ao Salón e con unha boa acollida.

