Actividades da Secretaría Xeral da Igualdade

Mulleres de portada

Mulleres de portada

O día 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia e foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2015 co obxecto de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,  para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito da tecnoloxía.

 

Contacontos e libros

Contacontos

Este proxecto está enmarcado dentro dos centros de ensino que participan no proxecto DONAS DE SI, do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Proxecta "Donas de si" da Secretaría Xeral da Igualdade ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.

Exposición das premiadas

Exposición Premiadas

Con esta exposición preténdese visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. Pretende dar a coñecer ó alumnado e a sociedade en xeral, a mulleres galegas científicas e galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

Rapazas nas TIC

Rapazas nas TIC

A Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o CESGA poñen en marcha un concurso anual dirixido os centros educativos de Galicia para a promoción de vocacións científicas e tecnolóxicas entre as rapazas. O obxectivo é buscar propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, inclusivas, onde o uso da tecnoloxía non sexa unicamente o seu obxectivo final, senón un medio para espertar vocacións tecnolóxicas entre ás rapazas (e rapaces) do último ciclo de primaria e primeiro de secundaria. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), e a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, no seu interese por promover as vocacións tecnolóxicas femininas lanzan o primeiro concurso #ApuntasTech?

Programa ADA e DIANA

ADA e DIANA

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir o programa ADA de Formación en TIC no ámbito educativo e Programa DIANA coa finalidade última de incentivar a presenza de nenas e mozas nas carreiras tecnolóxicas.

Nin + nin - iguais

Nin+nin-Iguais

O proxecto NIN + NIN -, IGUAIS da Secretaría Xeral de Igualdade tivo como principal obxectivo favorecer o encontro con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou o rural, para que rapazas e rapaces de Educación Secundaria Obrigatoria tivesen referentes femininos en sectores laborais onde a día de hoxe non existe paridade de xénero. Así pois, os obxectivos específicos acadados con este proxecto foron o de educar en igualdade, o de promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e o de concienciar ao alumnado que cada un pode ser o que queira ser, sen importar ser muller ou ser home.