A unidade

Pleno UMC

 

As actuacións desde a perspectiva de xénero nos ámbitos social, científico, tecnolóxico e educativo son estratéxicas para avanzar cara a un modelo de sociedade máis xusta e acorde coas necesidades actuais, facéndose necesario contar cunha área de traballo interdepartamental estable que dinamice e transforme a ciencia e tecnoloxía galegas. Esta é a finalidade á que responde  a creación da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia como órgano colexiado de asesoramento, elaboración de informes e recomendacións.