Programa ADA e DIANA

Programa ADA

 

 

Programa ADA

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades colabora coa Secretaría Xeral da Igualdade para impartir o programa ADA “Formación en TIC no ámbito educativo“. Este programa consta dunha serie de actividades en centros educativos públicos galegos coa finalidade de promover o interese das nenas e mozos nas ramas tecnolóxicas de estudo. O programa ADA propón a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades e contará coa intervención dunha tecnóloga como referente feminino no mundo da tecnoloxía. 
Para participar nestes talleres déuselles preferencia a aqueles centros educativos que participan no Programa Donas de Si, durante o curso académico 2018-2019, do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 
Durante o mes de marzo terán lugar 4 talleres nos seguintes centros educativos:

  • CEIP Plurilingüe de Artes (Riveira) o 18 de marzo 2019
  • CEIP de Cerdeiriñas (Vila de Cruces) o 20 de marzo de 2019
  • CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) o 21 de marzo de 2019 
  • CEIP de Randufe (Tui) o 22 de marzo de 2019.

 

 

Programa DIANA

 

 

Programa DIANA

Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha unha serie de actividades didácticas coa finalidade última de incentivar a presenza de nenas e mozas nas carreiras tecnolóxicas.

O Programa DIANA propón, por unha banda, realizar en centros educativos e en torno ao Día Internacional das nenas nas TIC, intervencións que rompan cos estereotipos de xénero aproveitando o potencial da programación para fomentar a creatividade, o desenvolvemento de pensamento lóxico e abstracto, o traballo en equipo, ou a resolución de problemas. Por outra banda, pon ao dispor da comunidade educativa o material que se usará nos talleres, e que será útil para organizar actividades didácticas de programación co alumnado tendo presente o enfoque de xénero.

Para participar nestes talleres daráselles preferencia a aqueles centros educativos que participen no Programa Donas de Si da Secretaría Xeral da Igualdade do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

No curso 2018 tiveron lugar sete talleres nos seguintes centros educativos:

  • CEIP Plurilingüe de Lousada (Guntín)- xoves 19 de abril
  • IESÁnxel Fole (Lugo)- venres 20 de abril
  • CPI Plurilingüe Virxe Da Cela (Monfero)- luns 23 de abril
  • CPI Aurelio Marcelino Rey Garcia (Cuntis)- martes 24 de abril
  • IES Maximino Romero de Lema (Zas) -mércores 25 de abril
  • CEIP de Mosteiro- Bembrive (Vigo)- xoves 26 de abril
  • CEIP Princesa de España (Verín) -venres 27 de abril