María Loureiro García é unha investigadora e economista galega, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica do Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS). Os seus campos de investigación están moi influenciados polo contorno galego onde naceu (A Pontenova), e abarcan a economía ambiental, a dos recursos naturais, e máis recentemente a economía do cambio climático.
Despois da súa licenciatura e co apoio das bolsas da Fundación Caixa Galicia,…
María Concepción Paz Penín (Ferrol, 1969) é enxeñeira industrial e doutora de enxeñería industrial pola Universidade de Vigo (2003). Na actualidade, é catedrática da Área de Mecánica de Fluídos da Universidade de Vigo e desenvolve a súa actividade investigadora dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE).
É coautora de máis de 50 publicacións científicas indexadas e de máis de 50 relatorios en congresos internacionais.
Como titora de traballos avanzados, ten dirixido sete traballos doutorais e máis de 100 proxectos fin de carreira e traballos fin de grao/máster. É…
M. Elena Vázquez Cendón (Ourense, 1966) é unha docente e investigadora galega na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O contexto da súa investigación é a Matemática Industrial, iniciándose no doutoramento coa dirección de Alfredo Bermúdez, e realizando estadías no Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique en Niza.
Desenvolveu contribucións significativas ás leis de balance hiperbólicas coa metodoloxía de volumes finitos. A súa técnica para descomposición de fluxos proporciona algoritmos altamente eficientes en dinámica de fluídos…
María Victoria Lareu Huidobro (Santiago de Compostela, 1960) é licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC (1984), continuando a súa formación en diferentes centros de investigación de especial relevancia en medicina forense como o Instituto Medicina Legal de Coímbra ou London Hospital College.
Realiza a súa tese doutoral sobre marcadores xenéticos na cirrose hepática alcohólica (1990) na USC, integrándose no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses como profesora asistente e realizando a súa actividade investigadora e docente centrada no campo da xenética forense, participando…
Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961) licenciouse en Química coa especialidade de Química Industrial (1984) e doutorouse en Física (1988) na Universidade de Santiago de Compostela, onde por primeira vez dirixiu o foco do seu traballo á área da informática biomédica.
Completou a súa formación posdoutoral no Medical College de Georgia (EEUU), traballando no desenvolvemento de Sistemas Expertos para aplicacións médicas, ámbito no que afondou especialmente na monitorización antenatal. Posteriormente centrou o seu labor científico nas …
Mabel Loza García (Tapia de Casariego, 1961) é licenciada en Farmacia pola USC, realizou a súa tese doutoral na Facultade de Medicina de Oviedo e completou a súa formación científica no Centro Médico Monte Sinaí de Nova York. Na actualidade é Catedrática de Farmacoloxía da USC, onde compaxina o labor docente e investigador.
Dirixe o grupo de investigación BioFarma, centrado na aplicación da farmacoloxía ao descubrimento de fármacos. O seu equipo multidisciplinar está centrado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i nas fases…
Doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desenvolveu parte da súa formación postdoutoral nas universidades de Maryland e Oregón.
É catedrática do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, que dirixiu entre 2004 e 2013, e coordinadora do Programa de doutoramento en avances en bioloxía microbiana e parasitaria.
Dende 1984, codirixe o grupo de investigación en Patoloxía de Animais Acuáticos, Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia.
É inventora de 8 patentes de uso en acuicultura…
Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa especialidade de Astrofísica pola Universidade de La Laguna (Tenerife).
Doutora en Astrofísica (1990) pola Universidade de Manchester (departamento de Radioastronomía de Jodrell Bank), completou a súa carreira posdoutoral no departamento de Física da Universidade de Cardiff.
Marchou a Canadá, onde traballou en distintas empresas aeroespaciais, implicada en proxectos de satélites de rescate (SARSAT), e outras misións de satélites (Mars Hyperspectral Mission, Polar…