María Concepción Paz Penín
(
María Concepción Paz Penín (Ferrol, 1969) é enxeñeira industrial e doutora de enxeñería industrial pola Universidade de Vigo (2003). Na actualidade, é catedrática da Área de Mecánica de Fluídos da Universidade de Vigo e desenvolve a súa actividade investigadora dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE).
É coautora de máis de 50 publicacións científicas indexadas e de máis de 50 relatorios en congresos internacionais.
Como titora de traballos avanzados, ten dirixido sete traballos doutorais e máis de 100 proxectos fin de carreira e traballos fin de grao/máster. É coordinadora do Grupo de Innovación Docente “CFD aplicado á docencia” desde 2017.
Ten participado en proxectos de convocatorias competitivas internacionais, nacionais e autonómicas, dos que en máis de dez foi investigadora principal. Ten liderado máis de corenta contratos de investigación con empresas e/ou entidades públicas.
Foi subdirectora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo (ETSEI) desde o 2007 ao 2010 e da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) do 2010 ao 2011. No 2017 obtivo o Premio de Transferencia de Tecnoloxía da Real Academia Galega de Ciencias. Foi coordinadora do Programa de Doutorado Interuniversitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade no 2018.
Foi membro da Comisión de Enxeñería Mecánica e da Navegación da Agencia Nacional de Evaluación y Acreditación (ANECA) do 2018 ao 2021 e da Área de Producción Industrial da Administraciòn Nacional de Educación Pública en 2019. Ten actuado como avaliadora experta de ANEP e doutras axencias autonómicas en máis de 50 proxectos. Delegada da Universidade de Vigo no Centro Universitario da Defensa de Marín (CUD-Marín) desde o 2018 ao 2020. Desde outubro de 2020 dirixe o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo (CINTECX).