Nin + nin - iguais

Nin+nin-IguaisO proxecto NIN + NIN -, IGUAIS da Secretaría Xeral de Igualdade tivo como principal obxectivo favorecer o encontro con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou o rural, para que rapazas e rapaces de Educación Secundaria Obrigatoria tivesen referentes femininos en sectores laborais onde a día de hoxe non existe paridade de xénero. Así pois, os obxectivos específicos acadados con este proxecto foron o de educar en igualdade, o de promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e o de concienciar ao alumnado que cada un pode ser o que queira ser, sen importar ser muller ou ser home.

A primeira edición deste proxecto da Secretaría xeral da Igualdade desenvolveuse durante os meses de abril e maio do 2019, tendo lugar o primeiro encontro o día 10 de abril no IES A Pinguela en Monforte, e rematando o día 20 de maio en Ribeira.  Foron dez vilas de Galicia as que visitamos con este proxecto e un total de trece centros, xa que nos Concellos de Padrón, Ribeira e Redondela tivemos a oportunidade de xuntar a dous institutos do lugar.

Así mesmo, contamos coa colaboración de oito mulleres galegas referentes:

  • Josefina F. Ling, licenciada en Ciencias Matemáticas con especialidade en Astronomía e Mecánica, doutorada en Ciencias Matemáticas pola USC e profesora titular da universidade, acreditada a Catedrática, da área de Astronomía e Astrofísica do Departamento de Matemática Aplicada da Facultade de Matemáticas da USC.
  • Ana M. Corredoira, bióloga de formación e gandeira de profesión, destaca pola súa labor ao fronte da súa propia granxa ecolóxica e a posta en marcha do proxecto dunha cooperativa galega (As Vacas da Ulloa Soc . Coop . Galega) para envasar e comercializar leite e derivados.
  • Alicia Estévez, premio María Josefa Wonenburger Planells 2018, licenciada en Bioloxía e Farmacia e Catedrática de Microbioloxía da USC dende 1991, promoveu unha ducia de patentes de vacinas e procedementos de diagnose de enfermidades de peixes.
  • Isabel Aguirre, premio María Josefa Wonenburger Planells 2015, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, forma parte do comité de Head Masters do European Council of Landscape Architecture Schools.
  • Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas pola USC, decana da Facultade de Matemáticas pola USC, investigadora adscrita do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI) e membro do Instituto de Matemáticas da USC (IMAT).
  • Patrocinio Morrondo, catedrática da área de sanidade animal da Facultade de Veterinaria de Lugo, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, ademais forma parte do grupo de Investigación en Sanidade Animal de Galicia (Invesaga).
  • Carmen García Mateo, premio María Josefa Wonenburger Planells 2014, doutora enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, Catedrática do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) na UVIGO, dirixiu numerosos proxectos de investigación e teses.
  • Carme Pampín, Presidenta de Bioga e confundadora e Directora de GalChimia, licenciada en Ciencias Químicas.

 

A relación de concellos e colexios, así como as datas das conferencias, número de alumnado e cursos que acudiu e a poñente que impartiu o relatorio foi a seguinte:

  • 10 de abril: IES A Pinguela (Monforte de Lemos), impartiu o relatorio Ana M. Corredoira, ao encontro asistiu o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, un total de 110 alumnas e alumnos.
  • 12 de abril: IES Camilo José Cela e IES Macías o Namorado (Padrón), impartiu o relatorio Josefina F. Ling, ao encontro asistiu o alumnado de 1º e 2º da ESO dos dous centros, un total de 209 alumnas e alumnos finalmente.
  • 24 de abril: CPI Santa Lucía de Moraña, impartiu o relatorio Alicia Estévez, ao encontro asistiu o alumnado de toda a secundaria (1º, 2º, 3º e 4º da ESO) un total de 137 alumnas e alumnos.
  • 26 de abril: IES do Milladoiro, impartiu o relatorio Alicia Estévez, ao encontro asistiu o alumnado de 1º da ESO, un total de 90 alumnas e alumnos.
  • 29 de abril: IES Manuel Chamoso Lamas (Carballiño), impartiu o relatorio Elena Vázquez Cendón, ao encontro asistiu o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, un total de 124 alumnas e alumnos.
  • 3 de maio: IES Santiago Basanta Silva (Vilalba), impartiu o relatorio Patrocinio Morrondo, ao encontro asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO, un total de 220 alumnas e alumnos.
  • 6 de maio: IES Mendiño e IES Pedro Floriani (Redondela), impartiu o relatorio Carmen García Mateo, ao encontro asistiu un total de 134 alumnas e alumnos dos cursos de 2º e 3º da ESO.
  • 9 de maio: IES Castro Alobre (Vilagarcía), impartiu o relatorio Elena Vázquez Cendón, ao encontro asistiu o alumnado de 1º da ESO, un total de 147 alumnas e alumnos.
  • 14 de maio: IES Breamo (Pontedeume), impartiu o relatorio Isabel Aguirre, ao encontro asistiu un total de 100 alumnas e alumnos dos cursos de 1º e 2º da ESO.
  • 20 de maio: IES Leliadoura e IES Nº1, impartiu a relatorio Carme Pampín, ao encontro asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Leliadoura e o alumnado de 2º da ESO do IES Nº1, un total de 250 alumnas e alumnos.

Os centros elixidos para formar parte deste proxecto tamén puideron desfrutar da exposición da Xunta de Galicia dos Premios María Josefa Wonenburger, así como dunha exposición composta por oito paneis realizada para a ocasión con distintos datos sobre a problemática da desigualdade de xénero en distintos ámbitos laborais.

 

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO 2019-2020

No segundo semestre do 2019 e no primeiro semestre do 2020, leváronse a cabo 3 encontros con colexios de A Estrada, Palas de Rei e Mondoñedo.  
Foron tres concellos os que visitamos con este proxecto e un total de 405 alumnas e alumnos.
Así mesmo, contamos coa colaboración de tres mulleres galegas referentes:

  • Ana M. Corredoira, bióloga de formación e gandeira de profesión, destaca pola súa labor ao fronte da súa propia granxa ecolóxica e a posta en marcha do proxecto dunha cooperativa galega (As Vacas da Ulloa Soc . Coop . Galega) para envasar e comercializar leite e derivados.
  • Isabel Aguirre, premio María Josefa Wonenburger Planells 2015, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, forma parte do comité de Head Masters do European Council of Landscape Architecture Schools.
  • Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas pola USC, decana da Facultade de Matemáticas pola USC, investigadora adscrita do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI) e membro do Instituto de Matemáticas da USC (IMAT).

 

A relación de concellos e colexios, así como as datas das conferencias, número de alumnado e cursos que acudiu foi a seguinte:

IES Nº1 da Estrada e  IES Manuel García Barros (A Estrada)

21 de novembro do 2019:  IES Nº1 da Estrada e  IES Manuel García Barros (A Estrada)

O xoves 21 de novembro do 2019 tivo lugar o primeiro e encontro dentro do proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade “Nin + nin -, iguais” no salón de actos da Academia Galega de Seguridade Pública en A Estrada.

A relatora deste encontro foi Elena Vázquez Cendón, doutora en Matemáticas pola USC e Profesora Titular da Universidade dende 1997. Neste momento é coordinadora xeral do Proxecto ESTALMAT-Galicia 2014-2018, actualmente responsable de egresados e relación coas STEM, é tamén decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e forma parte da Unidade Muller de Ciencia da Xunta de Galicia.

En total uns 230 alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Nº1 da Estrada, e de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Manuel García Barros, participaron no encontro.

 

 

IES do Camiño (Palas de Rei)18 de febreiro do 2020:  IES do Camiño (Palas de Rei)

O 18 de febreiro do 2020 levouse a cabo o segundo encontro dentro do proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade “Nin + nin -, iguais” no IES do Camiño, en Palas de Rei.

A protagonista foi Ana M. Corredoira, unha muller bióloga de formación pero gandeira de profesión, estando neste momento ao fronte dunha moderna granxa de explotación ecolóxica.

Ao encontro asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Formación Profesional, un total de 50 alumnas e alumnos. Tamén estivo presente a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, así como o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e a Conselleira de Política Social, tamén do Concello.

Ana M. Corredoira puxo en valor o papel da muller no rural, falando de estereotipos existentes a través da súa propia experiencia. Tamén proporcionou datos interesantes sobre o peso que ten a figura da muller no agro galego, pois o 75% dos proxectos rurais está liderado pola figura da muller.

 

IES Plurilingüe San Rosendo en Mondoñedo10 de marzo do 2020:  IES Plurilingüe San Rosendo en Mondoñedo

O día 10 de marzo do 2020, tivo lugar o terceiro encontro do  curso escolar 2019/2020 dentro do proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade “Nin + nin -, iguais”, no IES Plurilingüe San Rosendo en Mondoñedo

A conferenciante deste encontro foi Isabel Aguirre de Úrcola, premio María Josefa Wonenburger 2015. Isabel é directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega e foi responsable tamén do seu Grupo de Investigación. Conta co Premio Nacional de Arquitectura “Manuel de la Dehesa” e o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo Entorno do Mosteiro de Caaveiro (A Capela) entre outros galardóns.

Ao encontro asistiu un total de 125 alumnas e alumnos dos cursos de 3º e  4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Isabel Aguirre contounos a súa experiencia como muller dende que comezou na escola ata o día de hoxe, centrouse na necesidade que temos todos, mulleres e homes, de modificar os estereotipos e conseguir loitar por aquilo que queremos, sen que ninguén nos diga o que podemos ou non podemos facer. Tamén nos contou a súa experiencia como Arquitecta e ensinounos algúns dos seus traballos, como a intervención realizada no Mosteiro de Caaveiro, o Parque de Bonaval ou o miradoiro da cidade.

Documentación asociada
Cartel 11.41 MB
Cartel 21.41 MB
Cartel 31.43 MB
Cartel 41.42 MB
Cartel 51.4 MB
Cartel 61.42 MB
Cartel 71.4 MB
Cartel 81.4 MB