Este proxecto está enmarcado dentro dos centros de ensino que participan no proxecto DONAS DE SI, do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Proxecta "Donas de si" da Secretaría Xeral da Igualdade ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Dende a Secretaria Xeral da Igualdade consideramos necesaria unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.
Enviamos a 35 centros de ensino de primaria que participan neste proxecta, vinte libros da colección Mulleres Galegas composta por cinco biografías de mulleres:
- Ángeles Alvariño, un Ronsel de Ardora
- Maruja Mallo, meiga nova, metade anxo metade marisco
- María Victoria Moreno, unha historia de amor
- Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade
- Ángeles Ruiz Robles, o valor das ideas, a precursora do libro electrónico.
Con este material pretendemos que lle axude ó profesorado a ofrecerlle o seu alumnado modelos e referentes nos que mirarse e situar no lugar que corresponde a esas mulleres esquecidas e que souberon adiantarse ao seu tempo. Son libros de pequeno formato coa biografía da autora e con actividades ó final, axeitados para o alumando de primaria. Esta colección vai acompañada dunha actuación dun contacontos ilustrado baseado na biografía dalgunha das mulleres da colección que se desprazará ata o seu centro para desenvolver a actividade.
Os centros que participaron neste proxecto foron:
CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira). Día 7 de marzo. Maruja Mallo.
A actividade foi para todo o centro debido a pouca matrícula, entre 40- 50 asistentes que elixiron a Maruja Mallo.
CEIP Heroínas de Sálvora. Ribeira. Día 7 marzo. Maruja Mallo.
No Ceip Heroinas de Salvara tamén elixiron a Maruja Mallo. Entre 50- 60 asistentes.
CEIP Santa Mariña. Redondela. 28 de marzo. Maruja Mallo.
Continuamos traballando a Maruja Mallo. Asistentes 60-70.
CEIP de Rubiáns. Vilagarcía de Arousa. 12 de abril. Maruja Mallo.
No Ceip Rubiáns fixemos a a actividade para todo o alumando (150 asistentes).
CEIP Plurilingüe de Lousada. Guntín. 23 de abril.Ángela Ruiz Robles.
No CEIP Lousada de Guntín asistiu todo o alumando (22 asistentes)
CPI Uxío Novoneira. Pedrafita Do Cebreiro 23 de abril. Ángeles Alvariño.
En Pedrafita do Cebreiro tamén contamos e debuxamos para todo o cole. Sobre 30 asistentes.
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción. Sarria. 29 de Abril. Ángeles Alvariño.
En Sarria elixiron a Ángeles Alvariño. 70 Asistentes.
CPI Poeta Uxío Novoneyra. Folgoso do Courel .29 de abril. Ernestina Otero.
No centro de Folgoso do Courel a muller elixida foi Ernestina Otero. Fixemos actividade para todo o colexio (20 asistentes).
CPI Cabo de Area. Laxe. 30 de abril. Ángeles Alvariño.
Mudamos o Courel pola Costa da Morte e contamos e ilustramos a Ángeles Alvariño en Laxe para 80 asistentes.
CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz. Touro. 30 de abril. Ángeles Alvariño.
Na mesma xornada continuamos en Touro contando e debuxando a Ángeles Alvariño para 60 asistentes.
CPI Aurelio Marcelino Cuntis. 3 de maio. Ángela Ruiz.
Realizamos a actividade para 60 asistentes na que contamos e debuxamos a Ángela Ruiz.
CEIP Plurilingüe Paraixal. Vigo 6 de maio. Ángeles Alvariño.
Realizamos a actividade para 40 asistentes e estivo adicada a Ángeles Alvariño.
CEIP de Cerdeiriñas . Vila de Cruces. 6 de maio. Ángela Ruiz Robles.
CEIP Barrie da Maza. Santa Comba .7 de maio. Ángeles Alvariño.
Realizamos a actividade adicada a Ángeles Alvariño para 50 asistentes.
CEIP Pepe de Xan. Santa Comba. 7 de maio. Maruja Mallo
Contamos e ilustramos a Maruja Mallo para arredor de 60 asistentes (Todo o centro).
CEIP Labarta Pose . Zas. 27 de maio. Maruja Mallo
Fixemos a actividade adicada a Maruja Mallo para 40 asistentes.
CEIP Santa Irene. Porto do Son. 27 de maio. Maruja Mallo
No Ceip Santa Irene fixemos a actividade adicada a Maruja Mallo para 50 asistentes.
CEIP Randufe. Tui. 3 de xuño. Ángela Ruiz
No CEIP Randufe contamos e ilustramos a biografía de Ángela Ruiz para 60 asistentes.
CEIP Ponteareas. Ponteareas. 3 xuño. Maruja Mallo
Contamos e ilustramos para 65 asistentes as historias de Ángela Ruiz.
CRA Salceda de Caselas . Salceda de Caselas. 4 de xuño. María Victoria Moreno.
Sobre 75 nenos e nenas de Educación Infantil deste centro e doutras dúas escolas unitarias.
Ceip Ruxidoiro. Barbadás . 4 de xuño. Maruja Mallo.
Este centro estaba todo decorado con cada unha das “Mulleres Galegas”. Cada curso dominaba a biografía de cada muller. Asistentes 50
CEIP Maceda. Maceda. 5 de xuño. Ángeles Alvariño
En Maceda contamos e ilustramos para 60 asistentes.
Ceip Princesa de España . Verín . 5 de xuño. Maruja Mallo