Premio María Josefa Wonenburger

O Goberno galego quere recoñecer ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Pretende  visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. Con este fin a Xunta de Galicia creou o Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a través da Unidade de Muller e Ciencia. 

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Dende a creación do Premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía. 
 

 

homenajeada

María Josefa Wonenburger

A Coruña, 1927

María Wonenburger naceu en Oleiros e estudou Ciencias Exactas na Universidade Complutense de Madrid. En 1953, trasladouse a Estados Unidos para se especializar en álxebra cunha bolsa Fulbright. Na Universidade de Yale, leu a tese de doutoramento, dirixida por Nathan Jacobson, un dos mellores alxebristas do momento e iniciou unha brillante traxectoria nesta materia como profesora en diferentes universidades –Toronto, Búfalo, Bloomington (Indiana) – e como directora de teses, entre elas a do matemático Robert V. Moody, en 1966. Da súa man, Moody iniciou na súa tese a teoría coñecida como Álxebras de Kac-Moody, unha das teorías de álxebra máis revolucionarias dos últimos tempos, con aplicacións en Física e noutros campos das Matemáticas. 

Ampliar información

Premiadas