Presentacion e obxectivos

Matemáticas

 

Presentación

As actuacións desde a perspectiva de xénero nos ámbitos social, científico, tecnolóxico e educativo son estratéxicas para avanzar cara a un modelo de sociedade máis xusta e acorde coas necesidades actuais, facéndose necesario contar cunha área de traballo interdepartamental estable que dinamice e transforme a ciencia e tecnoloxía galegas. Esta é a finalidade á que responde  a creación da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia como órgano colexiado de asesoramento, elaboración de informes e recomendacións.

Obxectivos

Os obxectivos e a finalidade da Unidade Muller e Ciencia son:

  • Incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia.
  • Definir  actuacións  encamiñadas, nunha perspectiva integral, a promover a eliminación dos desequilibrios que poidan existir no relativo á formación científica, no eido da investigación e innovación e na xestión da I+D+i
  • Situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva do xénero nun primeiro plano.
  • Visualizar ás mulleres do ámbito científico, da innovación e do ámbito tecnolóxico, que promova modelos e referentes para a sociedade e para a xente moza e para as chicas e nenas en especial.