Funcións

Funcións da Unidade

 

As funcións da Unidade Muller e Ciencia son as seguintes:

  • Elaborar propostas e recomendacións para promover a equidade de homes e mulleres no ámbito da ciencia e a tecnoloxía galegas.
  • Realizar informes e avaliacións que permitan establecer a situación actual das mulleres no eido científico e tecnolóxico e a súa evolución no tempo e sensibilicen a sociedade sobre a presenza real das mulleres nestes ámbitos, tanto nos niveis educativos como no desenvolvemento profesional.
  • Promover ante as diferentes institucións e organismos con responsabilidades nos ámbitos científicos e tecnolóxicos galegos a unificación dos criterios na elaboración de indicadores desagregados por sexos, así como a publicación e difusión dos datos resultantes da maneira máis ampla posible.
  • Colaborar coa administración educativa no deseño de accións formativas e de sensibilización para fomentar en todos os ámbitos e niveis educativos (ensino primario, ensino secundario obrigatorio (ESO), bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior e ensino universitario) a orientación non sexista e promover a presenza das mulleres nos itinerarios e/ou especialidades científicas e tecnolóxicas.