Yolanda Prezado Alonso (Verín, Ourense, 1977) é doutora en Física e investigadora distinguida Oportunius no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en física médica, os seus avances para lograr técnicas de radioterapia menos invasivas e máis eficaces convertérona nunha referencia internacional no seu campo.
Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse nesta mesma universidade en 2003. Desenvolveu a maior parte da súa carreira en Francia: en 2011 obtivo unha…
África González Fernández (Madrid, 1962) é médica inmunóloga e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. A súa traxectoria desenvólvese na fronteira entre a inmunoloxía e a nanomedicina, dous eidos nos que está considerada unha das científicas máis prestixiosas de Europa.
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá, coa que obtivo o Premio Extraordinario de fin de carreira, especializouse en Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid ao tempo que elaboraba a…
María Loureiro García é unha investigadora e economista galega, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica do Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS). Os seus campos de investigación están moi influenciados polo contorno galego onde naceu (A Pontenova), e abarcan a economía ambiental, a dos recursos naturais, e máis recentemente a economía do cambio climático.
Despois da súa licenciatura e co apoio das bolsas da Fundación Caixa Galicia,…
María Concepción Paz Penín (Ferrol, 1969) é enxeñeira industrial e doutora de enxeñería industrial pola Universidade de Vigo (2003). Na actualidade, é catedrática da Área de Mecánica de Fluídos da Universidade de Vigo e desenvolve a súa actividade investigadora dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE).
É coautora de máis de 50 publicacións científicas indexadas e de máis de 50 relatorios en congresos internacionais.
Como titora de traballos avanzados, ten dirixido sete traballos doutorais e máis de 100 proxectos fin de carreira e traballos fin de grao/máster. É…
M. Elena Vázquez Cendón (Ourense, 1966) é unha docente e investigadora galega na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O contexto da súa investigación é a Matemática Industrial, iniciándose no doutoramento coa dirección de Alfredo Bermúdez, e realizando estadías no Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique en Niza.
Desenvolveu contribucións significativas ás leis de balance hiperbólicas coa metodoloxía de volumes finitos. A súa técnica para descomposición de fluxos proporciona algoritmos altamente eficientes en dinámica de fluídos…
María Victoria Lareu Huidobro (Santiago de Compostela, 1960) é licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC (1984), continuando a súa formación en diferentes centros de investigación de especial relevancia en medicina forense como o Instituto Medicina Legal de Coímbra ou London Hospital College.
Realiza a súa tese doutoral sobre marcadores xenéticos na cirrose hepática alcohólica (1990) na USC, integrándose no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses como profesora asistente e realizando a súa actividade investigadora e docente centrada no campo da xenética forense, participando…
Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961) licenciouse en Química coa especialidade de Química Industrial (1984) e doutorouse en Física (1988) na Universidade de Santiago de Compostela, onde por primeira vez dirixiu o foco do seu traballo á área da informática biomédica.
Completou a súa formación posdoutoral no Medical College de Georgia (EEUU), traballando no desenvolvemento de Sistemas Expertos para aplicacións médicas, ámbito no que afondou especialmente na monitorización antenatal. Posteriormente centrou o seu labor científico nas …
Mabel Loza García (Tapia de Casariego, 1961) é licenciada en Farmacia pola USC, realizou a súa tese doutoral na Facultade de Medicina de Oviedo e completou a súa formación científica no Centro Médico Monte Sinaí de Nova York. Na actualidade é Catedrática de Farmacoloxía da USC, onde compaxina o labor docente e investigador.
Dirixe o grupo de investigación BioFarma, centrado na aplicación da farmacoloxía ao descubrimento de fármacos. O seu equipo multidisciplinar está centrado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i nas fases…