Isabel Aguirre de Úrcola
(
Foi profesora titular no Departamento de Composición, en Introdución á Arquitectura e Estética, e estende a súa experiencia docente a outras universidades e escolas españolas e estranxeiras.
Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, e foi responsable tamén do seu Grupo de Investigación. Actualmente coordina o máster de Arquitectura e Paisaxe da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.
Forma parte do Comité de Head Masters do European Council of Landscape Architecture Schools.
Gañou o Premio Nacional de Arquitectura “Manuel de la Dehesa” e o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo Entorno do Mosteiro de Caaveiro (A Capela).
Dirixe o workshop do master internacional de Architettura di Paesaggio do “Centro Italiano di Architettura”, de Milano, Italia.
Dirixiu varios cursos na UIMP sobre paisaxe e territorio na Ribeira Sacra.