Peregrina Quintela Estévez

(
2016
)
Peregrina Quintela Estévez

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), obtivo o doutoramento en Ciencias Matemáticas pola Universidade Autónoma de Madrid e pola Universidade de París VI.

É catedrática do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago (2000), do que foi directora entre 2004 e 2008 e coordinadora dos programas de doutoramente durante máis dunha década, chegando a acadar a mención de calidade da ANECA.

Foi coordinadora do Nodo CESGA do Proxecto Ingenio Mathematica (i-MATH, 2006-2012), membro do Consello de Dirección do proxecto e da súa Plataforma Consulting.

Impulsora da Rede Española Matemática-Industria (math-in, 2011), da que é presidenta fundadora. Tamén participou na fundación do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHSIN, 2013), e é membro do seu Consello de Dirección.

Dirixe, dende a súa fundación, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI, 2013).

É membro do Applied Mathematics Committee da EuropeanMathematical Society. Tamén é membro do ECCSM (Computational, Solid and Structural Mechanics) da European Community on Computational Methods in Applied Sciences (ECCOMAS).

Participou en máis de 50 proxectos competitivos de investigación, sendo investigadora principal en 34 deles, e publicou arredor de 80 traballos na súa área. Leva dirixidas 8 teses de doutoramento.