Mabel Loza

(
2019
)
Mabel Loza

Mabel Loza García (Tapia de Casariego, 1961) é licenciada en Farmacia pola USC, realizou a súa tese doutoral na Facultade de Medicina de Oviedo e completou a súa formación científica no Centro Médico Monte Sinaí de Nova York. Na actualidade é Catedrática de Farmacoloxía da USC, onde compaxina o labor docente e investigador.

Dirixe o grupo de investigación BioFarma, centrado na aplicación da farmacoloxía ao descubrimento de fármacos. O seu equipo multidisciplinar está centrado no desenvolvemento de proxectos de I+D+i nas fases temperás do descubrimento de medicamentos, sendo un referente en España neste eido.

No seu labor como profesional destaca a unha visión global dos programas orientados dende o principio ás necesidades do doente, creando as pontes (básico/clínico, público/privado) que permitan acadalas. Para elo levou a cabo importantes proxectos en colaboración coa industria farmacéutica que permitiron que quince novos fármacos chegasen a ensaios clínicos nos doentes dende hai máis de dúas décadas, o que lle ten valido o recoñecemento da EFPIA (European Federation of Pharmaceutical Industries and Associations) entre os “30 científicos de 30 países de Europa”, no marco da iniciativa Portraits of Science-Scientists of Tomorrow, e o premio Investigador-Innovador 2018 polo Foro de Empresas Innovadoras de España, entre outras distincións que poñen en valor a súa aportación ao descubrimento temperá de novos fármacos.

Documentación asociada