Doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desenvolveu parte da súa formación postdoutoral nas universidades de Maryland e Oregón.
É catedrática do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, que dirixiu entre 2004 e 2013, e coordinadora do Programa de doutoramento en avances en bioloxía microbiana e parasitaria.
Dende 1984, codirixe o grupo de investigación en Patoloxía de Animais Acuáticos, Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia.
É inventora de 8 patentes de uso en acuicultura…
Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa especialidade de Astrofísica pola Universidade de La Laguna (Tenerife).
Doutora en Astrofísica (1990) pola Universidade de Manchester (departamento de Radioastronomía de Jodrell Bank), completou a súa carreira posdoutoral no departamento de Física da Universidade de Cardiff.
Marchou a Canadá, onde traballou en distintas empresas aeroespaciais, implicada en proxectos de satélites de rescate (SARSAT), e outras misións de satélites (Mars Hyperspectral Mission, Polar…
Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), obtivo o doutoramento en Ciencias Matemáticas pola Universidade Autónoma de Madrid e pola Universidade de París VI.
É catedrática do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago (2000), do que foi directora entre 2004 e 2008 e coordinadora dos programas de doutoramente durante máis dunha década, chegando a acadar a mención de calidade da ANECA.
Foi coordinadora do Nodo CESGA do Proxecto Ingenio Mathematica (i-MATH, 2006-2012), membro do Consello de Dirección do…
Foi profesora titular no Departamento de Composición, en Introdución á Arquitectura e Estética, e estende a súa experiencia docente a outras universidades e escolas españolas e estranxeiras.
Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, e foi responsable tamén do seu Grupo de Investigación. Actualmente coordina o máster de Arquitectura e Paisaxe da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.
Forma parte do Comité de Head Masters do European Council of Landscape Architecture Schools.
Gañou o Premio Nacional de…
Enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid (1993).
Completou a súa formación con estadías de investigación posdoutoral na Universidade de California Campus de Santa Barbara (UCSB), en 1994; nos Laboratorios Bell de ATT (New Jersey), en 1997 e 1999; na Michigan State University, en 2005; e na Universidade de Kent, en 2013.
En 1987 incorporouse á Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVIGO). Na actualidade é catedrática do Departamento de Teoría…
Licenciada en Farmacia e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), formada como investigadora en prestixiosos centros internacionais, é catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.
Creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas.
Ten dirixido e coordinado 52 proxectos de investigación, dos que xurdiron 20 invencións protexidas a través de patentes internacionais, 221 artigos científicos e dous libros.
É directora da Xunta de Goberno da Controlled…
Doutora en Farmacia (Cum Laude), licenciada en Química (Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela, e Diplomada en Edafoloxía pola Universidade de Nancy (Francia).
Investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas dende 1965 e membro da súa Xunta de Goberno (1980-1984), é profesora de Investigación vinculada “Ad Honorem” ao CSIC.
Foi Investigadora Asociada ao Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Francia.
Académica Numeraria da Academia de Farmacia de Galicia e presidenta do Consello Asesor de Investigación e…
Licenciada e Doutora en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC), nos dous casos con Premio Extraordinario, é Catedrática de Historia Moderna.
Foi directora de estudos na École des Hautes Études en Sciencies Sociales de París en dous períodos (2004, 2012).
Vogal do Boureau de la Commission Internationale de Dèmographie Historique e vicepresidenta da Fundación Española de Historia Moderna (2006-2008).
Xestora de Historia da Subdirección Xeral de Proxectos de Investigación do Ministerio de Economía e Competitividade.
Pertence tamén á…