Carmen Navarro Fernández-Balbuena

(
2010
)
Carmen Navarro Fernández-Balbuena

Estudou Medicina e Cirurxía na Universidade Central de Madrid e doutorouse na Universidade de Barcelona. Formouse en Neuroloxía na LSU School of Medicine de Nova Orleáns, e en Neuropatoloxía na Born- Bunge Foundation de Amberes e na Wickford (Reino Unido), ampliando estudos noutros centros como a Columbia University de Nova York.

Xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica no Hospital Meixoeiro de Vigo.

Participou na creación e foi directora científica do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.

Tomou parte na fundación do Club Español de Neuropatología, e pertence á Sociedade Francesa de Neuropatoloxía e á European Confederation of Neurological Societies. Membro do Comité de Investigación do European Neuro Muscular Center de Naarden (Holanda), do Consorcio Internacional sobre Miopatía Nemalínica, do Consorcio Internacional sobre Miopatías Conxénitas, do Comité de Investigación da Association Française contre les Myopathies e do panel de profesores da École d´Été de Myologie do Hôpital de la Salpêtrière de París.

Membro do Grupo Nacional de Trabajo de Vigilancia de Encefalopatías Espongiformes Transmisibles Humanas e asesora dos servizos de saúde públicos.

Profesora Asociada en Ciencias da Saúde da USC.

Avaliadora da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva para proxectos de investigación.

Investigadora principal en 28 proxectos, é autora de máis de 130 artigos e 22 capítulos de libro e revisora para prestixiosas revistas científicas internacionais.