Ofelia Rey Castelao

(
2011
)
Ofelia Rey Castelao

Licenciada e Doutora en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela (USC), nos dous casos con Premio Extraordinario, é Catedrática de Historia Moderna.

Foi directora de estudos na École des Hautes Études en Sciencies Sociales de París en dous períodos (2004, 2012).

Vogal do Boureau de la Commission Internationale de Dèmographie Historique e vicepresidenta da Fundación Española de Historia Moderna (2006-2008).

Xestora de Historia da Subdirección Xeral de Proxectos de Investigación do Ministerio de Economía e Competitividade.

Pertence tamén á Comisión de Artes e Humanidades da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación e ao Patronato do Archivo General de Simancas.

Dirixiu o Grupo de Investigación 1921 (Historia Moderna) da USC. Nesta universidade é membro na actualidade do consello científico do Centro de Estudos Europeos, coordinadora do Doutoramento de Historia, Arte e Xeografía, e vogal da Escola Internacional de Doutoramento.

Forma parte dos consellos científicos de 25 revistas especializadas, españolas e de México e Francia, e de comités editoriais do CSIC e de varias universidades, ademais de ter dirixido a revista Obradoiro de Historia Moderna.
Investigadora principal en 22 proxectos, e autora de 11 libros, 77 artigos científicos e 196 capítulos de libro