María José Alonso Fernández

(
2013
)
María José Alonso Fernández

Licenciada en Farmacia e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), formada como investigadora en prestixiosos centros internacionais, é catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.
Creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas.
Ten dirixido e coordinado 52 proxectos de investigación, dos que xurdiron 20 invencións protexidas a través de patentes internacionais, 221 artigos científicos e dous libros.
É directora da Xunta de Goberno da Controlled Release Society (CRS), a sociedade máis importante no seu campo. Forma parte de plataformas tecnolóxicas como a European Technology Platform on Nanomedicine, Nanofuture, e a Plataforma Española de Nanomedicina, así como de diversas redes de colaboración (Galenos Marie Curie, Nabba Marie Curie, Cost-Nanotheranostics). Participa no comité editorial de 11 revistas científicas.
Académica de número da Real Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Nacional de Farmacia e da Real Academia Galega de Ciencias.
Figura no noveno posto no ránking mundial do Times Higher Education 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía. Recibiu importantes premios, como o Rey Jaime I, o Novoa Santos e o Maurice Maria Janot.
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, e asesora distintos organismos.