María S. Soengas González

(
2009
)
María S. Soengas González

Licenciada en Bioloxía Molecular con Premio Extraordinario pola Universidade Autónoma de Madrid.

Formouse no campo da Oncoloxía no prestixioso Cold Spring Harbor Laboratory (Nova York).

No Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Michigan iniciou un Programa de Investigación en Melanoma.

Dende 2008, dirixe o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO).

É co-fundadora de Bioncotech Therapeutics, unha compañía biotecnolóxica que busca novas terapias contra o cancro.

Recibiu múltiples premios e distincións, entre eles Human Frontiers in Science Program Fellowship, Leukemia and Lymphoma Society Special Award, University of Michigan Life Science Biomedical Scholar Award, Career Development Awards from the American Dermatology Foundation, Development Award from the Elsa V. Pardee Foundation, New Investigators of the Foundation for Cancer Research e o Diana Ashby Young Investigator Award from Society for Melanoma Research.
Membro da Melanoma Research Foundation, American Association for Cancer Research e da Society for Investigative Dermatology.

Participa activamente nos máis prestixiosos comités científicos e de asesoramento.