María Tarsy Carballas Fernández

(
2012
)
María Tarsy Carballas Fernández

Doutora en Farmacia (Cum Laude), licenciada en Química (Premio Extraordinario) pola Universidade de Santiago de Compostela, e Diplomada en Edafoloxía pola Universidade de Nancy (Francia).

Investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas dende 1965 e membro da súa Xunta de Goberno (1980-1984), é profesora de Investigación vinculada “Ad Honorem” ao CSIC.

Foi Investigadora Asociada ao Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Francia.
Académica Numeraria da Academia de Farmacia de Galicia e presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Dirixiu o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (1994-2004) e foi a primeira muller en ocupar o posto de First Vice-Chairmen of Commission II: Soil Chemistry, da International Society of Soil Science (1986-1990).

Recibiu numerosas distincións e premios, entre eles o Premio de Investigación “Fray Bernardino de Sahagún” (1972), o Premio Galicia de Investigación da USC (1982) e a Medalla Castelao (2009). É Socia de Honra da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS), Medalla de Prata CSIC 50 anos (2011) e Premio á Excelencia Química 2012.

Creou o Grupo de Excelencia de Bioquímica do Solo, dirixiu numerosos proxectos de investigación e é autora de máis de 200 publicacións.