María Teresa Miras Portugal

(
2008
)
María Teresa Miras Portugal

Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense con Premio Extraordinario e Premio Nacional Fin de Carreira (1970), obtivo o Doutorado Sciences pola Universidade de Estrasburgo coa cualificación de Trés Honorable (1974) e o Doutorado en Farmacia pola Complutense, con sobresaliente Cum Laude (1975).

Dende 1986, é catedrática e directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular IV da Universidade Complutense.

En 2007, foi nomeada presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.

É membro de distintas sociedades científicas nacionais e internacionais.

Foi investigadora principal en máis de 30 proxectos e publicou arredor de douscentos traballos nas áreas de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Neurociencias, Farmacoloxía Molecular, Biomedicina e Medicina Rexenerativa.

En 2012, presidiu a Comisión de Expertos para avaliar a situación da universidade española.

Recibiu, entre outros recoñecementos, a Medalla Alberto Sols de Investigación en Bioquímica, o Premio de Investigación Biomédica da CEOE, e o Premio de Investigación Científica da Comunidade de Madrid, e foi nomeada doutora Honoris Causa pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.