Inmaculada Paz Andrade

(
2007
)
Inmaculada Paz Andrade

Catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), profesora emérita dende outubro de 1999 e doutora “Ad Honorem” desta universidade.

Desenvolveu parte da súa formación e do seu labor científico e docente no estranxeiro, principalmente na Manchester University, onde foi nomeada Visiting Research Professor, e no Institut de Microcalorimetrie et Thermogénèse do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Marsella.

Directora do Departamento de Física Fundamental da Facultade de Ciencias (1964-1970 e 1972-1974) e directora do Departamento de Física Aplicada da USC (1986-1992).

Creou o Grupo de Microcalorimetría da USC e os seus laboratorios e introduciu o estudo da Microcalorimetría en España.

En 1999, creou o Grupo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais (Grupo THOR), para a loita integral contra o lume e os seus efectos.

Pertence ás máis prestixiosas sociedades científicas nacionais e internacionais da súa especialidade e suma máis de 225 publicacións nesta área.

Recibiu, entre outros moitos recoñecementos, a Medalla de Ouro de Física da Real Sociedade Española de Física, o Premio Galicia de Investigación Científico-Técnica Antonio Casares y Rodrigo, a Insignia de Ouro da USC, e a Medalla Castelao.