Estudou Medicina e Cirurxía na Universidade Central de Madrid e doutorouse na Universidade de Barcelona. Formouse en Neuroloxía na LSU School of Medicine de Nova Orleáns, e en Neuropatoloxía na Born- Bunge Foundation de Amberes e na Wickford (Reino Unido), ampliando estudos noutros centros como a Columbia University de Nova York.
Xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica no Hospital Meixoeiro de Vigo.
Participou na creación e foi directora científica do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
Tomou parte na fundación do Club Español de Neuropatología, e pertence á…
Licenciada en Bioloxía Molecular con Premio Extraordinario pola Universidade Autónoma de Madrid.
Formouse no campo da Oncoloxía no prestixioso Cold Spring Harbor Laboratory (Nova York).
No Departamento de Dermatoloxía da Universidade de Michigan iniciou un Programa de Investigación en Melanoma.
Dende 2008, dirixe o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO).
É co-fundadora de Bioncotech Therapeutics, unha compañía biotecnolóxica que busca novas terapias contra o cancro.
Recibiu múltiples premios e distincións, entre eles…
Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense con Premio Extraordinario e Premio Nacional Fin de Carreira (1970), obtivo o Doutorado Sciences pola Universidade de Estrasburgo coa cualificación de Trés Honorable (1974) e o Doutorado en Farmacia pola Complutense, con sobresaliente Cum Laude (1975).
Dende 1986, é catedrática e directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular IV da Universidade Complutense.
En 2007, foi nomeada presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.
É membro de distintas sociedades científicas nacionais e internacionais.
…
Catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), profesora emérita dende outubro de 1999 e doutora “Ad Honorem” desta universidade.
Desenvolveu parte da súa formación e do seu labor científico e docente no estranxeiro, principalmente na Manchester University, onde foi nomeada Visiting Research Professor, e no Institut de Microcalorimetrie et Thermogénèse do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Marsella.
Directora do Departamento de Física Fundamental da Facultade de Ciencias (1964-1970 e 1972-1974) e directora do Departamento…