- O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia, por consenso e unanimidade, elixiu como galardoada deste 2026 a esta investigadora especializada no ámbito da protonterapia.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar o premio María Josefa Wonenburger Planells 2026 á doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Yolanda Prezado. Este galardón, que lle foi comunicado esta mañá pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, pretende recoñecer…