A Xunta promove o talento feminino e impulsa a presenza da muller nas disciplinas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas
O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, participou hoxe no acto de inauguración da exposición itinerante Mujeres ingenieras de éxito, organizada pola Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de Pontevedra e polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.