África González: “Precísase de moita resiliencia para afrontar unha carreira científica”

Membro durante

7 years
Enviado por o

África González Fernández é catedrática en Inmunoloxía no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. Esta doutora en medicina e cirurxía, expresidenta da Sociedad Española de Inmunología, é un dos maiores referentes da investigación en Galicia e unha das expertas que mellor pode explicar a actual pandemia. Falamos con ela de educación, empresa, muller e da Covid-19, pero tamén do proxecto no que está actualmente traballando, unha terapia para o cancro de páncreas.

A Xunta pon en valor o papel fundamental da muller na ciencia e destaca a importancia de dar visibilidade ao seu labor

Membro durante

7 years
Enviado por o

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe o Pleno da Unidade Muller e Ciencia no que, con motivo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, deuse lectura e se aprobou unha declaración institucional na que se pon de manifesto o destacado papel que desempeña a muller na ciencia e a importancia de dar visibilidade o seu labor.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia reivindica o papel da muller na loita contra a Covid-19 e alerta do aumento das desigualdades pola pandemia

Membro durante

7 years
Enviado por o

As estatísticas son esclarecedoras. Menos do 30% das investigadoras do mundo son mulleres. Só o 30% das estudantes escollen carreiras no ámbito das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas. Detrás desas cifras hai persoas, historias. Elas son as que xustifican a existencia do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora  o 11 de febreiro por iniciativa da Unesco.

A Xunta aposta por fomentar as vocacións científicas entre as nenas e mozas para rachar coa fenda de xénero neste ámbito

Membro durante

7 years
Enviado por o

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron esta tarde na entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020, que recibiu a enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial, Amparo Alonso. Ao acto tamén asistiu a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Amparo Alonso Betanzos

Galego

Amparo Alonso Betanzos (Vigo, 1961) licenciouse en Química coa especialidade de Química Industrial (1984) e doutorouse en Física (1988) na Universidade de Santiago de Compostela, onde por primeira vez dirixiu o foco do seu traballo á área da informática biomédica.

Completou a súa formación posdoutoral no Medical College de Georgia (EEUU), traballando no desenvolvemento de Sistemas Expertos para aplicacións médicas, ámbito no que afondou especialmente na monitorización antenatal. Posteriormente centrou o seu labor científico nas aplicacións da Intelixencia Artificial en ámbitos tan distintos como o medio ambiente, a saúde e a industria 4.0, así como nos avances en algoritmos de aprendizaxe automática.

Nestas áreas segue a traballar xa como catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC), onde dende o ano 1990 é a coordinadora do Grupo LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) pertencente ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), compaxinando o labor docente e investigador. Actualmente é a comisionada desta Universidade para o desenvolvemento do nodo de Intelixencia Artificial da Cidade das TIC na Coruña.

A súa experiencia como pioneira nesta área e o compromiso co avance no campo das TIC en España, levouna á presidencia da Asociación Española de Intelixencia Artificial e a ser experta de referencia tanto da Comisión Europea, como membro da ‘Reserve List’ do High Level Expert Group on Artificial Intelligence (AI HLG), como do Executivo español. Sendo parte do Grupo de Traballo en Intelixencia Artificial, en 2018 asesorou na redacción da Estratexia Española en Intelixencia Artificial e actualmente forma parte do Consello Asesor de Intelixencia Artificial do Goberno de España.

Foto Amparo Alonso
Edición
2020
Url Video
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Videos/unidade-muller-ciencia/amparo-alonso.mp4

Aprende coas mulleres galegas

Membro durante

7 years
Enviado por o

O proxecto "Aprende coas mulleres galegas"  da Secretaría Xeral da Igualdade  pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar  e dar visibilidade  a mulleres galegas de especial relevancia.  Con este programa pretendemos concienciar as nenas e nenos  da invisibilización  de  mulleres, moitas delas  descoñecidas para o alumnado e para a cidadania e amosar as súas contribucións e achegas e o seu coñecemento a sociedade.