Isabel Aguirre de Úrcola

Galego

Foi profesora titular no Departamento de Composición, en Introdución á Arquitectura e Estética, e estende a súa experiencia docente a outras universidades e escolas españolas e estranxeiras.

Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, e foi responsable tamén do seu Grupo de Investigación. Actualmente coordina o máster de Arquitectura e Paisaxe da Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

Forma parte do Comité de Head Masters do European Council of Landscape Architecture Schools.

Gañou o Premio Nacional de Arquitectura “Manuel de la Dehesa” e o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo Entorno do Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Dirixe o workshop do master internacional de Architettura di Paesaggio do “Centro Italiano di Architettura”, de Milano, Italia.

Dirixiu varios cursos na UIMP sobre paisaxe e territorio na Ribeira Sacra.

Isabel Aguirre de Úrcola
Edición
2015
Url Video
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Videos/unidade-muller-ciencia/video_premiada_2015.mp4

Carmen García Mateo

Galego

Enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid (1993).

Completou a súa formación con estadías de investigación posdoutoral na Universidade de California Campus de Santa Barbara (UCSB), en 1994; nos Laboratorios Bell de ATT (New Jersey), en 1997 e 1999; na Michigan State University, en 2005; e na Universidade de Kent, en 2013.

En 1987 incorporouse á Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVIGO). Na actualidade é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) e coordina o programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións. Entre 2006 e 2010 desempeñou o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea.

Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación e teses doutorais, e publicou máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais.

Colabora con diversas revistas científicas no seu eido e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense-SEAF.

Carmen García Mateo
Edición
2014

María José Alonso Fernández

Galego

Licenciada en Farmacia e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), formada como investigadora en prestixiosos centros internacionais, é catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC.
Creou na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da Nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas.
Ten dirixido e coordinado 52 proxectos de investigación, dos que xurdiron 20 invencións protexidas a través de patentes internacionais, 221 artigos científicos e dous libros.
É directora da Xunta de Goberno da Controlled Release Society (CRS), a sociedade máis importante no seu campo. Forma parte de plataformas tecnolóxicas como a European Technology Platform on Nanomedicine, Nanofuture, e a Plataforma Española de Nanomedicina, así como de diversas redes de colaboración (Galenos Marie Curie, Nabba Marie Curie, Cost-Nanotheranostics). Participa no comité editorial de 11 revistas científicas.
Académica de número da Real Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Nacional de Farmacia e da Real Academia Galega de Ciencias.
Figura no noveno posto no ránking mundial do Times Higher Education 2010 na área de Farmacoloxía e Toxicoloxía. Recibiu importantes premios, como o Rey Jaime I, o Novoa Santos e o Maurice Maria Janot.
Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, e asesora distintos organismos.
 

María José Alonso Fernández
Edición
2013

Directorio

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla sed odio enim. Ut porttitor euismod purus, in dictum nisl facilisis et. Donec hendrerit blandit ex in rhoncus. Maecenas laoreet faucibus mauris sed fermentum. Etiam tincidunt nunc nulla. Vivamus et orci ut nibh imperdiet vehicula. Mauris pulvinar risus purus, eu ornare nisi bibendum sit amet. Mauris tincidunt nisi ante. Cras vel condimentum sapien.

Normativa

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla sed odio enim. Ut porttitor euismod purus, in dictum nisl facilisis et. Donec hendrerit blandit ex in rhoncus. Maecenas laoreet faucibus mauris sed fermentum. Etiam tincidunt nunc nulla. Vivamus et orci ut nibh imperdiet vehicula. Mauris pulvinar risus purus, eu ornare nisi bibendum sit amet. Mauris tincidunt nisi ante. Cras vel condimentum sapien.

Presentacion e Objetivos

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla sed odio enim. Ut porttitor euismod purus, in dictum nisl facilisis et. Donec hendrerit blandit ex in rhoncus. Maecenas laoreet faucibus mauris sed fermentum. Etiam tincidunt nunc nulla. Vivamus et orci ut nibh imperdiet vehicula. Mauris pulvinar risus purus, eu ornare nisi bibendum sit amet. Mauris tincidunt nisi ante. Cras vel condimentum sapien.

O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o Premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo

Membro durante

6 years 7 months
Enviado por o

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.-   A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa, Alicia Estévez Toranzo.

O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia reúnese para analizar novas propostas de actuación

Membro durante

6 years 7 months
Enviado por o

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018.- Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a reunión do Pleno da Unidade de Muller e Ciencia, na que se analizaron novas propostas de actuación para levar a cabo ao longo deste ano 2018, co obxecto de recoñecer, visibilizar e poñer en valor as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía.