O III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 quintuplica o seu orzamento para diminuír a fenda de xénero

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Lograr un  sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que priorice as necesidades das mulleres e sexa respetuoso coa diversidade. Ese é o obxectivo do III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 que promove a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Edita de Lorenzo: “O teito de cristal é máis consistente do que indica o seu propio nome”

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

A primeira directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo fala nesta entrevista sobre as dificultades das mulleres no ámbito da investigación e da empresa, e salienta o papel da escola ou dos medios de comunicación para acabar cos estereotipos de xénero.

Begoña Vila: “Co telescopio James Web veremos imaxes e espectros de obxectos nunca vistos ata agora”

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

* “Aínda que non dea a resposta definitiva, co James Webb vaise avanzar na procura da resposta   á eterna pregunta de se hai vida noutros planetas”

* “É un privilexio traballar cunha morea de xente moi boa nos seus campos e de moitos países, unha colaboración internacional cun obxectivo común”

* “Os avances que se fan para enviar telescopios ao espazo acaban beneficiando o noso día a día na Terra”

* “Cando empecei había poucas mulleres no meu campo e cando es nova vives momentos moi duros, sobre todo cando es a única muller”

Galicia, punta de lanza na igualdade real de mulleres e homes no ámbito da Universidade e da investigación grazas á 'Lei Ángeles Alvariño'

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

Galicia conta, desde 2021, cunha das lexislacións máis avanzadas en materia de igualdade de xénero no ámbito universitario e da investigación. A Lei 13/2021, de 20 de xullo, coñecida como Lei Ángeles Alvariño, garante a igualdade real entre mulleres e homes na universidade.

María José Alonso: “Traballamos no desenvolvemento de nanoterapias oncolóxicas personalizadas para atallar cancros moi graves”

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

•   “As vacinas ARN e as terapias baseadas en fármacos biolóxicos son prometedoras: poden previr e tratar de forma moi eficaz distintas enfermidades infecciosas (como a covid-19) e poderemos tratar con elas enfermidades raras de orixe xenética, o cancro ou enfermidades autoinmunes”
 
•   “Frústrame ver mulleres que renuncian ao seu progreso científico e á súa carreira profesional porque pensan que é incompatible cunha vida persoal e familiar”
 

O Día das Rapazas nas TIC pon o foco na seguridade e o acceso ao ámbito tecnolóxico das nenas e mulleres novas

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

Se as nenas e mozas non poden acceder a internet e sentirse seguras en liña, tampouco poderán desenvolver as súas competencias e habilidades dixitais e, por conseguinte, redúcense as súas oportunidades para optar a estudos STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e prosperar en carreiras profesionais vencelladas aos ámbitos científicos e tecnolóxicos. Por este motivo, o Día Internacional das Rapazas nas TIC, que se celebra o 28 de abril, pon o foco no tema Acceso e Seguridade.

A igualdade, asignatura pendente para o avance da muller no sector tecnolóxico

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

As TIC converteron o mundo en global, percorren todos os sectores econonómicos e sociais e determinan as nosas relacións. As empresas de base tecnolóxica son o presente, o futuro e, nos vindeiros anos, incorporarán innovacións que cambiarán a maneira na que entendemos a vida. E, como sector tractor, xerarán moito emprego especializado e de valor engadido. Sen embargo, a modernidade da rede non se aplica do mesmo xeito á igualdade entre homes e mulleres.

Xoana Pintos Barral: “O coñecemento que fixo posible a mellora da saúde, da vida e as innovacións técnicas tamén é patrimonio das mulleres”

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

Doutora en Bioloxía, Xoana Pintos Barral publicou en Galaxia o libro Tiven a chave, a bicicleta e os catros libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago. Nesta entrevista falamos con ela sobre as primeiras investigadoras galegas pero tamén sobre a situación actual e os pasos que aínda debemos dar para acadar unha verdadeira igualdade en todos os ámbitos e, especialmente, no científico.
 

MARÍA VICTORIA LAREU HUIDOBRO

Galego

María Victoria Lareu Huidobro (Santiago de Compostela, 1960) é licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC (1984), continuando a súa formación en diferentes centros de investigación de especial relevancia en medicina forense como o Instituto Medicina Legal de Coímbra ou London Hospital College.

Realiza a súa tese doutoral sobre marcadores xenéticos na cirrose hepática alcohólica (1990) na USC, integrándose no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses como profesora asistente e realizando a súa actividade investigadora e docente centrada no campo da xenética forense, participando na introdución no campo dos loci STR.

En 1996 obtivo o cargo de profesora da USC no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses, onde desenvolve a aplicación pioneira no campo dos SNP (polimorfismos de nucleótido único) e InDels (polimorfismos de inserción e deleción) para a predición de ascendencia biogeográfica e características físicas, novos marcadores en xenética forense que actualmente se utilizan amplamente no campo forense. Na actualidade centra a súas investigacións na aplicación de tecnoloxías de secuenciación masivamente paralelas no campo forense e o estudo e aplicación das marcas epixenéticas do xenoma humano, campos pioneiros na investigación forense.

En 2007 obtivo o cargo de catedrática de Medicina Legal da USC, e é nomeada directora do Instituto de Ciencias Forenses da USC.

O seu traballo foi recoñecido con catro premios consecutivos de investigación de excelencia (sexenios de investigación) (entregados cada seis anos) (1990-1996; 1997-2002; 2003-2008; 2009-2014 (próxima aplicación 2020), e cunha Transferencia de ciencia. Premios (sexenio de transferencia).
 

María Victoria Lareu Huidobro
Edición
2021
Url Video
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Videos/unidade-muller-ciencia/premio-wonenburger-2021.mp4

Unha aposta polo presente e o futuro da ciencia en feminino

Membro durante

4 years 4 months
Enviado por ue07463 o

Visibilizar o traballo das nosas científicas e tecnólogas, que as nenas teñan referentes femininos na ciencia que incentiven o seu interese e vocación polas áreas STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e corrixir o rumbo de xénero que lastra a carreira profesional das científicas son obxectivos que guían a conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.