A Xunta avoga en Allariz por unha ciencia en igualdade de oportunidades e que aposte polo talento galego

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no programa Nin + Nin -, iguais, un proxecto para promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e favorecer o encontro con mulleres líderes
  • Na sesión de hoxe, dirixida ás alumnas e alumnos do IES de Allariz, asistiu Elena Vázquez Cendón, galardoada en 2022 co Premio María Josefa Wonenburguer
  •  A Xunta avoga en Allariz por unha ciencia en igualdade de oportunidades e que aposte polo talento galego
galeria

Lorenzana avoga por “propulsar o cambio” na ciencia para dar paso ás mulleres e avanzar na verdadeira igualdade de oportunidades

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Lugo, 11 de febreiro de 2023. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe no Auditorio AFundación de Lugo no acto Mulleres, supernovas da Ciencia, convocado polo seu departamento para conmemorar este 11 de febreiro, o Día internacional da muller e da nena na ciencia, que contou coa participación da  astrofísica e enxeñeira viguesa da NASA, Begoña Vila.

Mulleres con Ciencia Elena Vázquez Cendón

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Elena Vázquez Cendón nace en Ourense no ano 1966. É licenciada e doutora en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2017, decana da facultade de Matemáticas da USC. No ano 2022 recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Para coñecer máis a esta galega referente:

Mulleres con Ciencia Victoria Lareu

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Victoria Lareu é catedrática de Medicina Legal e Forense e directora do Instituto de Ciencias Forenses (Incifor) da Universidade de Santiago de Compostela. No 2021 foi galardoada co premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Para coñecer máis a esta galega referente:

A Xunta celebrará en Lugo o Día internacional da muller e da nena na ciencia coa presenza da astrofísica da NASA Begoña Vila

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pechará a xornada aberta ao público ata completar capacidade, que se celebrará este 11 de febreiro no auditorio AFundación de Lugo
  • A iniciativa avoga por promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no eido científico
  • O Goberno autonómico ten en marcha o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 que, co maior orzamento da súa historia, 44,7 millóns de euros, aspira a lograr un sistema galego igualitario da ciencia, tecnoloxía e innovación

M. Elena Vázquez Cendón

Galego

M. Elena Vázquez Cendón (Ourense, 1966) é unha docente e investigadora galega na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O contexto da súa investigación é a Matemática Industrial, iniciándose no doutoramento coa dirección de Alfredo Bermúdez, e realizando estadías no Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique en Niza. 

Desenvolveu contribucións significativas ás leis de balance hiperbólicas coa metodoloxía de volumes finitos. A súa técnica para descomposición de fluxos proporciona algoritmos altamente eficientes en dinámica de fluídos computacional. Destacan tamén os seus traballos en  esquemas híbridos volumes finitos-elementos finitos.  As publicacións da súa investigación en Computers & Fluids (1994 e 2012) están consideradas traballos seminais no tema. Os ámbitos de aplicación son: o movemento da auga en ríos, escalas de peixes, zonas costeiras –sendo as rías galegas a súa motivación–, estudos de inundacións, o fluxo do gas, o fluxo de sangue e o deseño industrial. Entre as colaboracións internacionais saliéntase a establecida con Eleuterio Toro e Michael Dumbser da Università degli Studi di Trento.

Foi investigadora principal e participou en proxectos nacionais e internacionais. Liderou contratos co Centro Tecnolóxico do Mar e con Endesa Geración S.A., e participou en contratos coa Fundación Ciudad de la Energía e Reganosa. Forma parte do equipo que desenvolveu o software IBER, empregado pola comunidade hidráulica internacional e as confederacións da auga. É investigadora vinculada ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Iniciou o labor docente en 1989 no campus de Lugo e desde 1991 en Compostela, impartindo diferentes materias da área de Matemática Aplicada. Titorizou máis de 25 TFG e TFM e co-dirixiu as teses de doutoramento de Luis Cea e Saray Busto. 

Está moi comprometida coa divulgación das Matemáticas nos centros de ensino e nos medios. 

M. Elena Vázquez Cendón na gala de entrega do premio
Documentación asociada
Edición
2022
Url Video
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Videos/unidade-muller-ciencia/elena-vazquez-cendon.mp4

NIN+NIN-Iguais achega ás aulas mulleres referentes na ciencia e investigación na súa aposta a prol da igualdade

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

•  O proxecto da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade botou a andar o 2 de decembro e rematará o 30 de marzo do 2023, tras percorrer 13 institutos de 12 concellos galegos
•  Preto de 2.000 alumnas e alumnos da ESO e 80 docentes de 17 institutos galegos participaron nas dúas primeiras edicións
 

A matemática Elena Vázquez Cendón obtén o premio María Josefa Wonenburguer

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

A matemática e decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Elena Vázquez Cendón, será distinguida co premio María Josefa Wonenburguer de 2022, unha decisión comunicada no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Con este premio, a Xunta recoñece a traxectoria de mulleres galegas que destacan pola súa contribución á área das ciencias e á tecnoloxía.
 

A Primeira Enquisa ao Persoal Científico e Tecnolóxico de Galicia sobre Igualdade evidencia a persistencia de atrancos de xénero na carreira profesional das mulleres

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o
  • Científicas e tecnólogas recoñecen avances significativos en materia de igualdade e avogan por visibilizar o traballo das investigadoras, implementar as medidas de conciliación e corresponsabilidade e para corrixir un sistema de avaliación, liderados e relacións masculinizado
  • As investigadoras menores de 35 anos debuxan un panorama preocupante: o 45,7% vese, en dous anos, avanzando na súa carreira científica, mentres que o 42,9% cre que estará a buscar opcións fóra da investigación

Elena Vázquez Cendón: “Na matemática industrial, a media salarial das mulleres empeza a ser superior á dos homes”

Membro durante

5 years
Enviado por ue06660 o

Desde o impulso inicial que naceu na escola e que se desenvolveu despois coa axuda da familia e dos mestres que a inspiraron, resolver problemas con números é a paixón de Elena Vázquez Cendón. Hoxe as matemáticas son o centro dunha galaxia de actividades que inclúen o Decanato da Facultade de Matemáticas, o Departamento de Matemática Aplicada da USC ou o Mestrado en Matemática Industrial.