Carme Pampín “Desde o rural tamén se pode facer investigación e colaborar co resto do mundo”

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o

Carme Pampín é doutora en Química e cofundadora de GalChimia, unha empresa biotecnolóxica galega pioneira na síntese orgánica, con sede en Touro (A Coruña). Fundada no ano 2001, GalChimia consolidouse como referente internacional no desenvolvemento de procesos químicos para a industria farmacéutica, mantendo sempre unha clara aposta pola I+D+i, a internacionalización, a innovación, a igualdade e a conciliación. Ademais, Pampín foi presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) entre 2010 e 2023 e participa activamente noutras iniciativas como DATALife. Nesta entrevista reflexiona sobre os inicios da compañía, os retos da biotecnoloxía galega e a súa traxectoria como muller directiva no sector científico.

Visibilizar para inspirar: recursos para profesorado sobre mulleres científicas e tecnólogas

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • A Xunta de Galicia ofrece unidades didácticas gratuítas sobre mulleres galegas pioneiras na ciencia e a tecnoloxía. 
  • Libros como Pioneiras da ciencia en Galicia e Estrelas galegas da ciencia achegan biografías inspiradoras para o alumnado. 
  • A Universidade de Vigo promove vídeos divulgativos e publicacións para fomentar vocacións científicas femininas. 

Mulleres con Ciencia María Loureiro García

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o

María Loureiro García é unha investigadora e economista galega, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica do Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS). No 2024 foi galardoada co premio Premio María Josefa Wonenburger Planells, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Galicia celebra o XIII Día das Rapazas nas TIC para inspirar ás novas xeracións

Membro durante

6 years 4 months
Enviado por ue05774 o

Hoxe, 24 de abril celébrase unha nova edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha cita para fomentar vocacións tecnolóxicas entre as máis novas. Galicia súmase cunha programación especial promovida polo CESGA, a Xunta e entidades como o CPEIG.

Mulleres e ciencia a través dos libros: un legado por descubrir

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • A literatura científica e divulgativa contribúe a dar visibilidade ao papel das mulleres na ciencia, rompendo estereotipos e inspirando novas xeracións. 
  • A pesar da escasa representación histórica das científicas nos libros de texto, nos últimos anos publicáronse numerosas obras que rescatan as súas historias e achegas. 

As mulleres nas STEM: un reto pendente para a igualdade

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • Galicia é a terceira comunidade española con maior porcentaxe de empresas tecnolóxicas que contratan mulleres.
  • En España, só o 5,5% das mulleres ocupadas traballan en sectores STEM, fronte ao 13% dos homes.
  • As rapazas presentan un 15% menos de probabilidade de considerar as matemáticas como a súa materia favorita xa desde Primaria.

As mulleres na universidade: retos e avances nas carreiras científicas e tecnolóxicas

Membro durante

4 years
Enviado por ue06355 o
  • Aínda que as mulleres representan máis do 55% do alumnado universitario, a súa presenza en carreiras STEM segue a ser minoritaria, especialmente en ámbitos como a informática ou a enxeñaría. 
  • O 36% do alumnado do grado universitario de Matemáticas son mulleres, mentres que en Física representan só o 27% e en Informática apenas o 13%​.

María Loureiro García

Galego

María Loureiro García é unha investigadora e economista galega, catedrática no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e directora científica do Centro de Investigación Interuniversitario en Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS). Os seus campos de investigación están moi influenciados polo contorno galego onde naceu (A Pontenova), e abarcan a economía ambiental, a dos recursos naturais, e máis recentemente a economía do cambio climático.

Despois da súa licenciatura e co apoio das bolsas da Fundación Caixa Galicia, formouse na Washington State University. Unha estadía que nun principio era só para un máster, estendeuse a sete anos en EE.UU, obtendo o doutoramento nesta mesma universidade e sendo contratada como profesora na Colorado State University (EE.UU.). Despois de ampliar a súa experiencia na U. Carlos III de Madrid e no actual Instituto de Bioeconomía de Oslo, retornou a Galicia da mán do programa Ramón y Cajal.

Segundo REPEC, é unha das economistas máis citadas en España, e está incluída dentro do 2% dos científicos máis influentes a nivel mundial, segundo o ranking elaborado por Stanford. É editora da revista Ecological Economics e co-editora de Environmental & Resource Economics.

Ao longo da súa carreira, acumulou varios premios de investigación, incluíndo o premio ao Mellor Investigador Mozo en Ciencias Sociais en Galicia (Xunta de Galicia, 2006). No 2022 entrou na Real Academia das Ciencias, sendo a primeira muller na sección de economía. Tamén é membro do comité científico do Real Instituto Elcano e da Fundación Gadea.

O seu traballo ten transcendido fóra do ámbito académico. Destaca, entre outros, o seu estudo sobre os impactos ambientais e económicos ocasionados polo derrame do buque Prestige, que foi utilizado pola Fiscalía no xuízo desta catástrofe ambiental.

María Loureiro García
Edición
2024