Unidade de Muller e Ciencia de Galicia

A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de dinamizar e transformar a ciencia e a tecnoloxía galegas dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes neste ámbito, rachando cos estereotipos de xénero. Dende a Xunta de Galicia considerase que é importante concederlle prioridade a esta cuestión en canto ao deseño e promoción das políticas científicas, tecnolóxicas, educativas e mesmo sociais co obxectivo de corrixir os desequilibrios entre investigadoras e investigadores, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a optimizar a utilización dos recursos humanos e, ao mesmo tempo, enriquecería a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

 

Logo Secretaría Xeral da Igualdade

 

Entrega premio 2018

O Premio María Josefa Wonenburger Planells foi creado pola Xunta de Galicia para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía.

Naceu no ano 2007 como recoñecemento á traxectoria e figura da matemática María Josefa Wonenburger, quen desenvolveu toda a súa carreira profesional nos Estados Unidos sendo case descoñecida a súa orixe galega. Unha pioneira e referente feminina no ámbito científico.

Este premio ademais de render homenaxe a unha muller matemática galega adiantada ó seu tempo e de recoñecido prestixio internacional no ámbito da ciencia, se pretende visibilizar e por valor ás achegas de moitas mulleres que traballan nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, para motivar, dar exemplo e visibilizalas e que as mozas e mozos teñen referentes e modelos nestes ámbitos nos que aínda hai unha fenda de xénero e se coñecen aínda poucas mulleres referentes necesarias para romper cos estereotipos de xénero aínda persistentes na nosa sociedade.

Cifras

Universidades Galegas (2018-2019)
Educación
Universidades Galegas (2018-2019)
55%
mulleres matriculadas
45%
homes matriculados
Enxeñería e Arquitectura
Educación
Enxeñería e Arquitectura
27%
alumnas matriculadas
73%
alumnos matriculados
Cátedra nas Universidades Galegas
Investigación, tecnoloxía e innovación
Cátedra nas Universidades Galegas
22%
catedráticas
78%
catedráticos

Actualidade

Ver todas as Novas
Edita de Lorenzo

A primeira directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo fala nesta entrevista sobre as dificultades das mulleres no ámbito da investigación e da empresa, e salienta o papel da escola ou dos medios de comunicación para acabar cos estereotipos de xénero. Profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, é vicedecana do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) desde maio de 2017, secretaria da directiva do dominio PuntoGal, vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, cofundadora da…

* “Aínda que non dea a resposta definitiva, co James Webb vaise avanzar na procura da resposta   á eterna pregunta de se hai vida noutros planetas”

* “É un privilexio traballar cunha morea de xente moi boa nos seus campos e de moitos países, unha colaboración internacional cun obxectivo…

Galicia conta, desde 2021, cunha das lexislacións máis avanzadas en materia de igualdade de xénero no ámbito universitario e da investigación. A Lei 13/2021, de 20 de xullo, coñecida como Lei Ángeles Alvariño, garante a igualdade real entre mulleres e homes na universidade. O texto,…

•   “As vacinas ARN e as terapias baseadas en fármacos biolóxicos son prometedoras: poden previr e tratar de forma moi eficaz distintas enfermidades infecciosas (como a covid-19) e poderemos tratar con elas enfermidades raras de orixe xenética, o cancro ou enfermidades autoinmunes”
 …

Turismo de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia 

 Atendémolo/a  |  Suxestións e queixas  |  Aviso legal  |  Mapa do Portal