Unidade de Muller e Ciencia de Galicia

A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de dinamizar e transformar a ciencia e a tecnoloxía galegas dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes neste ámbito, rachando cos estereotipos de xénero. Dende a Xunta de Galicia considerase que é importante concederlle prioridade a esta cuestión en canto ao deseño e promoción das políticas científicas, tecnolóxicas, educativas e mesmo sociais co obxectivo de corrixir os desequilibrios entre investigadoras e investigadores, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a optimizar a utilización dos recursos humanos e, ao mesmo tempo, enriquecería a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

 

Consellería de Política Social e Igualdade

Premio María Josefa Wonenburger Planells

O Premio María Josefa Wonenburger Planells foi creado pola Xunta de Galicia para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía.

Naceu no ano 2007 como recoñecemento á traxectoria e figura da matemática María Josefa Wonenburger, quen desenvolveu toda a súa carreira profesional nos Estados Unidos sendo case descoñecida a súa orixe galega. Unha pioneira e referente feminina no ámbito científico.

Este premio ademais de render homenaxe a unha muller matemática galega adiantada ó seu tempo e de recoñecido prestixio internacional no ámbito da ciencia, se pretende visibilizar e por valor ás achegas de moitas mulleres que traballan nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, para motivar, dar exemplo e visibilizalas e que as mozas e mozos teñen referentes e modelos nestes ámbitos nos que aínda hai unha fenda de xénero e se coñecen aínda poucas mulleres referentes necesarias para romper cos estereotipos de xénero aínda persistentes na nosa sociedade.

Cifras

Universidades Galegas (2018-2019)
Educación
Universidades Galegas (2023)
56%
mulleres matriculadas
44%
homes matriculados
Enxeñería e Arquitectura
Educación
Enxeñería e Arquitectura
27%
alumnas matriculadas
73%
alumnos matriculados
Cátedra nas Universidades Galegas
Investigación, tecnoloxía e innovación
Cátedra nas Universidades Galegas
27%
catedráticas
73%
catedráticos

Actualidade

Ver todas as Novas
Mulleres pioneiras
  • As mulleres representan só o 18% dos perfís emprendedores en startups a nivel estatal, pero en Galicia están a liderar proxectos innovadores en ciencia e tecnoloxía.
  • En 2024, o 23,4% dos proxectos financiados polo CDTI Innovación foron liderados por mulleres, un avance significativo fronte ao 18,2% en 2019.
  • Iniciativas como o Programa Emega da Xunta de Galicia e súa modalidade específica para o apoio a emprendementos de base innovadora e tecnolóxica son un impulso clave

 

Verónica Bolón Canedo é doutora en Enxeñaría Informática e profesora na Universidade da Coruña. O seu traballo destaca pola aplicación da Intelixencia Artificial (IA) a problemas reais, desde o diagnóstico médico ata a…

O evento celebrarase o 6 de maio no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura e contará cunha intensa xornada formativa e práctica para 60 mozas de 4º da ESO. 

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica…

Hoxe, 6 de maio de 2025, a Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude das axudas do novo programa 'Galicia Investiga Igualdade', unha iniciativa pioneira destinada a apoiar a formación de dez estudantes predoutorais nas universidades galegas que desenvolvan…

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atendémolo/a |  Suxestións e queixas |  Aviso legal |  Mapa do Portal