Begoña Vila Costas

(
2017
)
Begoña Vila Costas

Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa especialidade de Astrofísica pola Universidade de La Laguna (Tenerife).

Doutora en Astrofísica (1990) pola Universidade de Manchester (departamento de Radioastronomía de Jodrell Bank), completou a súa carreira posdoutoral no departamento de Física da Universidade de Cardiff.

Marchou a Canadá, onde traballou en distintas empresas aeroespaciais, implicada en proxectos de satélites de rescate (SARSAT), e outras misións de satélites (Mars Hyperspectral Mission, Polar Communications and Weather Mission, Hyperspectral and Luminesense, etc.).

En 2006 incorporouse ao proxecto do Telescopio Espacial James Webb (JWST) da NASA, contratada pola Axencia Espacial Canadiense (CSA).

En 2013 comezou a traballar directamente para a NASA, sendo Enxeñeira Principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard, encargada de dous dos instrumentos do Telescopio Espacial James Webb.

Foi a encargada da proba fría final de todos os instrumentos do telescopio JWST.

Polo seu traballo na Axencia Espacial estadounidense, foi merecedora de múltiples recoñecementos e premios, entre eles a medalla da NASA para o Logro Público Excepcional (Exceptional Public Achievement Medal) en 2016.