Mulleres con Ciencia Concepción Paz

Ficha Concepción Paz

Concepción Paz Penín nace en Ferrol no ano 1969. É enxeñeira industrial, doutora, investigadora, catedrática e profesora da Universidade de Vigo. Ademais, dirixe o Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX), departamento punteiro no que traballan máis de 175 persoas en diversas liñas como as enerxías renovables, a biomédica, a intelixencia artificial ou en procesos de eficiencia enerxética. No ano 2023 recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.

Para coñecer máis a esta galega referente:

Documentación asociada