A profesora israelí, Ada Yonath, galardoada co Premio Nobel de Química 2009

06/11/2009
A profesora israelí, Ada Yonath, galardoada co Premio Nobel de Química 2009
Fonte: 
Madri+d

A profesora israelí Ada Yonath, do Instituto Weizmann da Ciencia foi galardoada co Premio Nobel de Química 2009. A investigación da Prof. Yonath está impulsada pola curiosidade e a ambición de entender mellor o mundo e o noso lugar nel. Esta investigación apunta alto porque o que pretende é entender unha das máis complicadas “máquinas” do sistema biolóxico. A finais de 1970, a Prof. Yonath decidiu, cando era unha xoven estudiante no Instituto Weizmann, asumir o reto de responder a unha das cuestións clave relativas ás actividades das células vivas: descifrala estrutura e o mecanismo de acción dos ribosomas – a célula fábrica de proteínas. Este foi o comezo dunha longa viaxe científica que durou décadas, e que require coraxe e devoción dende o principio. A viaxe comezou nun laboratorio modesto cun presuposto modesto, e cos anos, aumentou a decenas de investigadores e investigadoras baixo a dirección da Prof. Yonath.

Máis información:

http://www.madrimasd.org/informacionidi/noticias/noticia.asp?id=41401&origen=notiweb

Palabras chaves: Científica, galardón