O equipo da científica María Soengas consegue que o cancro de pel se autodestrúa

11/08/2009
O equipo da científica María Soengas consegue que o cancro de pel se autodestrúa
Fonte: 
CNIO

Este equipo liderado pola galega María Soengas identificou un composto sintético capaz de desencadear a autodestrución masiva das células do melanoma, o que abre a porta á fabricación de novos fármacos para combatir ese tumor de pel. Trátase dunha molécula sintética que activa dous programas de morte celular: a apoptosis e a autofagia. O interesante deste estudo é ter conseguido a forma pola que se activan ó mesmo tempo os dous procesos, tendo en conta que ata a actualidade os fármacos existentes só eran capaces de activar un dos dous procesos.

Máis información:

http://www.cnio.es/es/news/docs/marisol-soengas-cancer-cell-ago09-es.pdf

Palabras chaves: Ciencia, investigación