Margarita Salas, Premio Muller Líder 2009

04/06/2009
Margarita Salas, Premio Muller Líder 2009
Fonte: 
Expansión, Europa Press

A investigadora e científica pioneira Margarita Salas recibiu o pasado 2 de xuño o Premio Muller Líder 2009 que concede a Fundación Rafael do Pino e a Escola de Negocios Aliter en recoñecemento a aquelas mulleres que destacan tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu compromiso coa sociedade no desenvolvemento das súas actividades. No caso de Salas, o xurado destaca unha traxectoria profesional adicada á investigación biomolecular. Foi discípula de Severo Ochoa, persoa coa cal traballou nos Estados Unidos. Persoa integrante da Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais; da Academia española da Lingua e presidenta da Fundación Severo Ochoa, Salas obtivo, entre outras distincións, o Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón y Cajal, a Medallla de Ouro ó Mérito no Traballo (2005), e o Premio á Excelencia concedido pola federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias. No 2007 converteuse na primeira española integrante da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos. Salas recolleu o premio en Madrid, no marco do "IV Foro Muller e Liderazgo", un encontro anual de carácter profesional, organizado por Aliter, a Fundación Rafael do Pino e Merck España, no que se analiza o papel das mulleres no seu entorno laboral.

Máis información:

http://www.europapress.es/epsocial/fundaciones/noticia-investigadora-margarita-salas-premio-mujer-lider-2009-reconocimiento-trayectoria-profesional-20090602183947.html, http://www.expansion.com/2009/06/03/mujer-empresa/1244019438.html, http://www.expansion.com/2009/06/04/mujer-empresa/1244104266.html

Palabras chaves: Investigadora, científica, premio