Europa celebrou unha década das súas políticas de igualdade en investigación

Fonte: 
SINC

Este mes de maio tivo lugar en Praga unha conferencia que se centrou principalmente na forma en que a xestión das cuestións de xénero entran no proceso de modernización que están levando a cabo as universidades e institucións de investigación en moitos países. Outro dos temas relevantes que se tratou foi a cuestión de cómo atraer a máis xente nova (especialmente mozas) cara a ciencia e cómo cambiar as organizacións e o ambiente de traballo do persoal enxeñeiro e investigador. Tamén se presentaron catro novas publicacións da Comisión que abordan temas de xénero en relación á investigación, e que son: - Un libro sobre as mulleres científicas ao longo da Historia. - Un número especial sobre Research*eu dedicado ás mulleres na ciencia. - Informe: "O desafío de xénero na financiación da investigación". - Informe: "Mulleres en ciencia e tecnoloxía, creando carreiras sostibles"

Máis información:

http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias/Europa-celebra-una-decada-de-sus-politicas-de-igualdad-en-investigacion

Palabras chaves: Xénero, investigación, ciencia