A científica Victoria Hodges premiada pola súa carreira en Física

01/07/2009
A científica Victoria Hodges premiada pola súa carreira en Física
Fonte: 
IOP, EPWS

Victoria Hodges foi galardoada o pasado mes en Londres polo Instituto de Física (IOP). Este premio anual ten como obxetivo recoñecer o comezo da carreira das mulleres que traballan en campos relacionados coa física, e poñer de relevo a forma en que as súas habilidades, ambicións e o desexo de inspirar a outras persoas en actividades deste campo xa están dando os seus froitos. A premiada explicou, durante a súa presentación, que está traballando na actualidade na misión espacial GAIA a cal está a levar a cabo a Axencia Espacial Europea.

Máis información:

http://www.iop.org/News/news_35249.html, http://www.epws.net/2009/06/very-early-career-woman-physicist-of.html

Palabras chaves: Física

AdxuntoTamaño
GAIA159.03 KB