Recursos

Portal do empresariado femenino

Este portal europeo está específicamente dedicado á promoción do empresariado femenino. Proporciona información a nivel europeo sobre organizacións representativas, redes (informes da rede WES, rede europea de promoción do empresariado femenino), proxectos (informes do proxecto BEST: Promoción do espíritu de empresa entre as mulleres), boas prácticas, eventos, publicacións etc no ámbito da promoción do espíritu emprendedor
femenino.

Promove: Comisión Europea

Máis información: Women Entrepreneurs Portal / Women Entrepreneurs Reference Documents

Programa Woman Emprende

Programa dirixido á muller universitaria emprendedora. Plataforma ideada, xestionada e levada a cabo por mulleres e dirixida a todas as persoas emprendedoras, é unha rede para desenvolver, dentro do programa UNIEMPRENDE, unha plataforma de traballo para potenciar a creación de empresas no ámbito universitario e conseguir resultados de participación das mulleres consoante a súa cota de participación na Universidade.

Promove: Universidade de Santiago de Compostela

Máis información: Woman Emprende

Contacto:

Directora: Eva López Barrio (Womanemprende)
Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa - Edificio FEUGA, Despacho 1
15705 Santiago de Compostela
Tel.: +34 981 563 100 - Ext. 16844 / Fax: +34 981 528 019
E-mail 1: elopez [at] usc [dot] es / E-mail 2: elopez [at] womanemprende [dot] org

Proxecto Conta con Elas

Programa dirixido á muller universitaria emprendedora. Plataforma ideada, xestionada e levada a cabo por mulleres e dirixida a todas as persoas emprendedoras, é unha rede para desenvolver, dentro do programa UNIEMPRENDE, unha plataforma de traballo para potenciar a creación de empresas no ámbito universitario e conseguir resultados de participación das mulleres consoante a súa cota de participación na Universidade.

Promove: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo

Máis información: Proxecto Conta con Elas

Contacto:

Email: info [at] maiv [dot] org

Subvencións e axudas para mulleres emprendedoras 2007
  • Axudas para a posta en marcha dunha empresa (establecemento da muller como empresaria ou apoio ao desenvolvemento de emprendementos innovadores liderados por mulleres cofinanciado polo FSE).
  • Subvención para o acceso á titularidade compartida (cofinanciado polo FSE).
  • Titorización e asesoramento de 10 empresas lideradas por mulleres.

Promove:
Servizo Galego de Igualdade - Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar - Xunta de Galicia

Máis información: Mulleres en Galicia

Contacto:

Servizo Galego de Igualdade
Praza de Europa 15 A, 1º Área Central (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela
Telf: 981 545 366 Fax: 981 545 365
Email: sgpihm [at] xunta [dot] es