Programa Galego de Muller e Ciencia

O Programa Galego de Muller e Ciencia 2008-2012 (PGMC), que foi aprobado o 17 de outubro do 2008 polo Pleno da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, constitúe un reto importante por canto pretende contribuír a mudar determinadas formas de construír, crear e transmitir ciencia, así como de deseño de políticas científicas, de desenvolvemento tecnolóxico e de xestión da innovación.

O programa foi elaborado tendo en conta o principio de mainstreaming de xénero; as políticas promotoras da igualdade de xénero, para ser efectivas, deben incorporarse ao núcleo de calquera acción, plan ou xestión pública de maneira transversal en todas as fases do proceso. Non obstante, tamén se recoñece a necesidade de complementar esta estratexia coa inclusión de medidas específicas de acción positiva dirixidas a promover a presenza feminina no sistema sociedade-ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia.

 

Índice de contidos:

  • Introdución
  • Metodoloxía de elaboración
  • Contexto xeral: Fundamentos normativos de Muller e Ciencia
  • O Programa Galego de Muller e Ciencia: Fundamentación, principios e estrutura
  • Eixo estratéxico de actuación 1: Creación dun estado de opinión favorable á igualdade: Visibilización da desigualdade e eliminación de estereotipos sexuais
  • Eixo estratéxico de actuación 2: Igualdade no acceso e promoción da carreira profesional
  • Eixo estratéxico de actuación 3: Implantación da transversalidade de xénero
  • Posta en marcha, seguimento e avaliación do programa
  • Anexo
AdxuntoTamaño
Programa Galego de Muller e Ciencia 2008-2012 [pdf]1.06 MB