Premio María Josefa Wonenburger Planells

O galardón, que se entrega por vez primeira, quere resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía, e o seu nome pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa María Wonenburger Planells.

AdxuntoTamaño
Presentación do Premio [pdf]27.18 KB

A Homenaxada

María Josefa Wonenburger Planells

A Coruña, 1927. Estudou Ciencias Exactas na Universidade Complutense de Madrid e, en 1953, trasladouse a Estados Unidos para se especializar el álxebra cunha bolsa Fulbright. Na Universidade de Yale leu a tese de doutoramento, dirixida por Nathan Jacobson, un dos mellores alxebristas do momento, e iniciou unha brillante traxectoria nesta materia como profesora en diferentes universidades –Toronto, Búfalo, Bloomington (Indiana) – e como directora de teses, entre...