Obxectivos

Os obxectivos, así coma a finalidade da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, son os seguintes:

  • Incrementar a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia.
  • Promover actuacións dirixidas a eliminar os desequilibrios existentes no relativo á formación científica, así como no eido da investigación e innovación e no da xestión da I+D+i.
  • Situar nos estudos e actividades científicas a perspectiva de xénero nun primeiro plano.