Funcións

As funcións da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia son as seguintes:

  • Realizar informes e avaliacións que permitan establecer o estado actual da situación en Galicia e a súa evolución no tempo, sensibilizando á sociedade sobre a presenza real das mulleres nestes ámbitos, e permitindo deseñar accións que contribúan a acadar a equidade de homes e mulleres na ciencia e na tecnoloxía.
  • Fomentar en todos os ámbitos e niveis educativos (ensino primario, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior e ensino universitario) a orientación non sexista para promover a presenza das mulleres nos itinerarios e /ou especialidades científicas e tecnolóxicas.
  • Promover un Programa Galego de Muller e Ciencia que, entre outras cuestións: 
  • Promova a presenza das mulleres nos órganos responsables da selección e avaliación do persoal científico e en formación, así como nos órganos responsables da concesión de axudas á investigación científica e á innovación, e tamén nos espazos de xestión da I+D+i e demais organismos que teñan responsabilidades no ámbito científico e tecnolóxico.
  • Integre o principio de igualdade de xénero en todas as fases de aplicación, control e avaliación dos proxectos e programas de investigación científica realizados con apoio ou financiamento do goberno galego e outras institucións.